Concello e Deputación ampliarán servizos en 9 viais, adecentarán dous locais sociais e humanizarán a zona de Ramón Montenegro

Farano ao abeiro do Plan Único impulsado polo Goberno Provincial, cun orzamento total de 538.930 euros, 500.000 euros no marco deste programa, aos que a entidade local suma 38.930

Inclúense tarefas de pavimentación na rúa dos Chaos e Camiño de Liñares, no vial dende Milleirós a Tolda de Milleirós, en vías de Castelo e en Camiño de Barreiro e San Fiz, onde tamén se acometará o abastecemento

O formigonado de cunetas en Esperante e rexeneración do firme no camiño do Múíño e na estrada de acceso a Mazoi son outras das actuacións, que se suman á reforma da escola de Daquelcabo e do local social do Burgo

Colocarase unha escultura dedicada a Javier Krahe no xardín entre Ramón Montenegro e Paxariños, que constará de dúas pezas en granito galego pardo de gran dureza, con zonas de corte natural

Mércores, 21 de marzo de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Concello e Deputación ampliarán servizos en 9 viais, adecentarán dous locais sociais e humanizarán a zona de Ramón Montenegro

O Voceiro Municipal, Miguel Fernández, o Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, deron a coñecer este mércores as obras que o Concello presentará ao abeiro do Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos impulsado pola Deputación, co obxecto de mellorar e ampliar servizos en 9 viais da zona rural e ámbito periurbano, mellorar e adecentar dous locais sociais de dúas parroquias e colocar unha escultura para humanizar a zona de Ramón Montenegro.

Segundo explicou Fernández, o investimento é de 500.000 euros, asignados a Lugo no marco deste programa provincial. A esta contía o Concello, ademais da realización dos proxectos para ser executados, suma uns 38.930 euros, co que o importe total das actuacións ascende a 538.930,54 euros.

Manuel Núñez deu conta das actuacións e o investimento que presentará o Concello, e que é o seguinte:

Infraestruturas:

  • Pavimentación da rúa dos Chaos e Camiño de Liñares: 107.754,24 €
  • Pavimentación do vial dende Milleirós a Tolda de Milleirós: 81.067,20 €
  • Pavimentación de viais en Castelo: 72.594,56 €
  • Pavimentación e abastecemento en Camiño de Barreiro e San Fiz: 103.636,74 €

Total infraestruturas: 365.052,74 €

Zona rural:

  • Formigonado de cunetas en Esperante (Parroquia de Esperante): 45.037,87 €
  • Rexeneración de firme no camiño do Muíño (Parroquia de Santo André de Castro): 15.338,01 €
  • Rexeneración de firme na estrada de acceso a Mazoi (Parroquia de Mazoi): 42.580,03 €
  • Reforma da escola de Daquelcabo (Parroquia de Bascuas): 19.633,54 €
  • Reforma do local social do Burgo (Parroquia do Burgo): 17.408,35 €

Total zona rural:139.997,80 €

Cultura:

  • Realización dunha escultura en granito adicada a Javier Krahe: 33.880,00 €

Total cultura: 33.880,00 €

Esta última obra, trátase dunha proposta do Club Clavicémbalo. O artista lucense Juan Lomarti, de gran recoñecemento dentro e fóra de Galicia,  será o encargado de realizar dita escultura, cuxa colocación foi avalada por 1.056 sinaturas. Colocarase nunha "zona tan importante para a cidade e para a cultura de Lugo como é a zona de Ramón Montenegro", explicou Basadre, quen deu a coñecer que a obra constará de dúas pezas en granito galego pardo de gran dureza, con zonas de corte natural, outras abuxardadas e parte do corpo, maus e cara máis pulidas.

"Esta é a primeira vez que unha obra de Lomarti estará nun espazo público lugués e faino cun persoaxe que tanto nos acompañou no San Froilán e neste club, e que nos fixo abrir a mente a través das súas letras", concluíu a edil de cultura.

Audio

Noticias relacionadas