Concello e CEL impulsan un programa de formación para aprender a emprender, dentro dos Orzamentos Participativos

Rosana Rielo, Ana Prieto e Lourdes Pardo presentaron as Píldoras de coñecemento para persoas emprendedoras, unha proposta que recibiu máis dun centenar de votos no proceso participativo

Trátase de 4 obradoiros, de 15 horas de duración cada un, que se celebrarán de luns a xoves na sede da CEL, en xornada de tarde dende o 1 de abril. Para participar é preciso inscribirse, dende hoxe mesmo, a través de www.cel.es. Cada persoa pode participar en píldoras separadas ou no seu conxunto

Mércores, 20 de marzo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Concello e CEL impulsan un programa de formación para aprender a emprender, dentro dos Orzamentos Participativos

A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, a Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico,  Ana Prieto, e a secretaria adxunta e responsable da asesoría xurídica da CEL, Lourdes Pardo, presentaron este mércores, na Sala de usos múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, un programa de formación para emprender, Píldoras de coñecemento para persoas emprendedoras, unha proposta dos Orzamentos Participativos, que no período de votación recibiu un centenar de votos. Esta iniciativa, proposta pola asociación Mulleres Empresarias, é unha das 8 de dinamización e apoio ao emprendemento que pediu a veciñanza neste proceso participativo.

Tal e como explicou Rosana Rielo, trátase de 4 obradoiros gratuítos, de 15 horas de duración cada un, que se celebrarán de luns a xoves na sede da CEL, na Praza de Santo Domingo, en xornada de tarde, a partir do 1 de abril. Cada taller ten un número máximo de participantes de 15 (60 prazas en total), e as inscricións débense realizar, dende hoxe mesmo, a través de www.cel.es. Cada persoa pode participar en píldoras separadas ou no seu conxunto. As prazas cubriranse por rigurosa orde de inscrición.

A edil, quen agradeceu de novo a implicación de todos os veciños e veciñas nos Orzamentos Participativos, puxo en valor a celebración destas píldoras, nas que se desenvolverán as capacidades cognitivas, emocionais e relacionais que necesiitan as organizacións hoxe en día.

Pola súa banda Ana Prieto, enxalzou o "espíritu emprendedor" que temos Lugo, "que o vemos reflexado no éxito que están acadando as propostas dedicadas ao emprendemento nos Orzamentos Participativos, que son moitas e variadas".

Para rematar, Lourdes Pardo agradeu ao Concello a súa sensibilidade por fomentar o emprendemento e amosou a súa satisfación por poder celebrar esta proposta, "moi interesante para os emprendedores e os futuros emprendedores", e que ademais reflexa as sinerxias para traballar polo emprendemento. Tamén quixo chamar á participarción nestes talleres, "cun programa especializado e moi novidoso e con contidos atractivos".

As píldoras

As píldoras son as seguintes:

  1. Vives ou traballas? Pon o teu negocio a traballar para ti: do 1 ao 4 de abril, de luns a mércorres de 16:00 a 20:00 horas, e o xoves, de 16:00 a 19:00 horas. Este será o horario de todas as píldoras.

Os obxectivos desta píldora son: achegar coñecementos e claves efectivas para a xestión dun negocio de forma que este poida medra sen que todo recaia na persoa emprendedora. Trátase pois de potenciar unha visión práctica da dirección dun proxecto empresarial en base a sistemas de traballo en equipo, impulsando a súa viabilidade económica, crecemento e estabilidade.

Divídese baixo tres eixos: motivación empresarial e os seus efectos, avaliación da situación actual e procedementos de mellora.

  1. Negocios que namoran: do 6 ao 9 de maio.

Ten como finalidade orientar a emprendedores para a formulación dunha proposta de valor atractiva e difrenciada para o seu negocio, atractiva para qu eo seu produto ou servizo sexa elixido fronte ao da competencia.

Divídese en sesións que se relacionan coa creación dunha proposta de valor, coa comunicación da proposta de valor e co street marketing, gamificación e marketing online.

  1. Organización Human to Human: do 13 ao 16 de maio.

Os propósitos desta píldora van dende desenvolve en empresarios, líderes e responsables as distintas capacidades que necesitan as organización, a profundir nas habilidades sociais profesionais mediante os factores intanxibles que xeran o 90% do éxito das empresas: rede de contactos, comportamento, coñecemento adquirido, comunicación, emocións, confianza, imaxinación e creatividade.

Esta píldora versará sobre a comunicación auténtica, a comunicación en público e marcación de obxectivos persoais e sobre a intelixencia emocional.

  1. Planificación continua (financieira): do 2o ao 23 de maio.

Esta píldora busca achegar coñecementos teóricos e, sobre todo, prácticos, de cara ao desenvolvemento dunha visión financieiera global do proxecto empresarial, facilitando ferramentas efectivas para a posta en marcha dun sistema de planificaicón continua financieira que facilite a xesitón do negoico e a toma de decisións por parte da dirección.

Xira ao redor dunha introducción ás finanzas, visión estratéxica, ferramentas de planificación e documentación.

Sobre outras propostas de emprendemento

Rosana Rielo lembrou que quedan prazas para outras iniciativas de emprendemento, froito dos Orzamento Participativos, que se están levando a cabo. Concretamente, para o terceiro e último taller Chatbot learning, que se celebrará o 25 de marzo. As persoas interesadas poden inscribirse en norman.veiga@concellodelugo.org

Tamén está aberto o prazo para a seguinte xornada de Future Jobs Tools, que se levará a cabo o 29 de marzo.

Máis info

  • Presentación "Píldoras de Coñecemento para Emprendedores" | Descargar pdf

Audio

  • A edil Rosana Rielo, sobre as Píldoras de Coñecemento para Emprendedores | Descargar mp3
  • A edil Ana Prieto, sobre as Píldoras de Coñecemento para Emprendedores | Descargar mp3

Multimedia

  • Concello e CEL impulsan un programa de formación para aprender a emprender, dentro dos Orzamentos Participativos

Noticias relacionadas