Concello e Asociacións elaboran as bases para o acceso as vivendas da Casa Domótica

Xoves, 10 de febreiro de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Benestar Social e Igualdade, Cogami Auxilia e Once mantiveron hoxe unha xuntanza para a elaboración das bases para o acceso as vivendas adaptadas a persoas con discapacidade

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, mantivo esta mañá unha xuntanza na Casa Consistorial con Cogami Auxilia e Once para a elaboración das bases para o acceso as vivendas acondicionadas que o Concello prepara para persoas con discapacidade. Segunda sinalou a Concelleira, as bases están sendo elaboradas a partir dun borrador que recolle todas as aportacións que fixeron as distintas entidades.

Segundo explicou Carmen Basadre, a redacción das bases será remitida as entidades para a súa conformidade, tras o que será necesario levar a proposta para a súa aprobación á Xunta de Goberno Local, e posteriormente abrir o prazo de solicitudes. Segundo sinalou a Concelleira, agárdase que a finais de abril as vivendas podan estar ocupadas o no seu defecto adxudicadas.

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, explicou que o obxectivo deste proxecto “é facilitar o acceso a unha vivenda adaptada ás persoas con discapacidade física permanente e mobilidade reducida ou con incapacidade temporal, permanente, absoluta ou gran invalidez”. En total, sinalou, serán catro as vivendas as que se podan acceder xa que unha delas quedará a cargo do Concello e servirá de prácticas para a vida activa.

Carmen Basadre explicou que as vivendas xa están rematadas, agás tres cociñas, que serán instaladas dependendo das persoas que ocupen as vivendas, de este xeito sinalou, poderán ser adaptadas a discapacidade da persoa que ocupe a vivenda.

O aluguer destas vivendas adaptadas será de dous e ata os cinco anos. Con esto, explicou Basadre, “preténdese que as persoas teñan unha vida independente e un proxecto de vida independente”. O prezo do aluguer será de 159, 170 ou 195 euros.

Multimedia

Noticias relacionadas