Concello, Deputación e Fundación Vicente Ferrer ofrecen un concerto solidario para construír vivendas para persoas en risco de vulnerabilidade na India

Terá lugar o 23 de maio no Auditorio Gustavo Freire e participarán a soprano, Noemí Mazoy; a acordeonista, Valery Zviarzhevich; o pianista, Germán Barrio; e a violonchelista, Cristina Nogueira Pérez

Sábado, 12 de maio de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Concello, Deputación e Fundación Vicente Ferrer ofrecen un concerto solidario para construír vivendas para persoas en risco de vulnerabilidade na India

Concello, Deputación de Lugo e Fundación Vicente Ferrer ofrecen un concerto solidario o 23 de maio na capital lucense, para a construción de 4 casas adaptadas no pobo de Chapiri, pertencente á rexión de Kalyandurg, na India. Todo o diñeiro recadado coas entradas empregarase para a fabricación de vivendas seguras, que conten coas condicións hixiénicas e de habitabilidade óptimas, que darán aloxamento a x familias en situación de vulnerabilidade, nunha das zonas máis pobres e necesitadas da India. Esta iniciativa enmárcase dentro da aposta conxunta de Deputación e Concello de Lugo de traballar co tecido asociativo lucense para mellorar a calidade de vida das persoas, neste caso, garantir o dereito a unha vivenda digna.

O concerto terá lugar ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal Gustavo Freire. Na audición participarán a soprano, Noemí Mazoy; a acordeonista, Valery Zviarzhevich; o pianista, Germán Barrio; e a violonchelista, Cristina Nogueira Pérez.

As entradas teñen un prezo de 10 euros e pódense mercar nos seguintes comercios da cidade de Lugo: Pazo de la Maza, Opticalia da praza maior, Café del Centro, Portal 36. Tamén están dispoñibles a través de https://entradas.ataquilla.com. Tamén se pode facer un donativo á fila cero en La Caixa ES30 2100 3331 9622 0009 6273, co concepto concerto Lugo.

Fundación Vicente Ferrer

A Fundación Vicente é unha ONG de desenvolvemento comprometida co proceso de transformación dos estados de Andhra Pradesh e Telangana e das comunidades máis vulnerables e en risco de exclusión. A fundación leva máis de 45 anos traballando xunto coas comunidades máis desfavorecidas da India. Para iso, levan a cabo un programa de desenvolvemento integral e centran as sías accións en seis áreas de actuación crave: educación, sanidade, mulleres, hábitat, persoas con discapacidade e ecoloxía.

Noticias relacionadas