Concello, Deputación e Empresarias organizan a 1ª Festa de Nen@s Emprendedores cun marcado carácter social

É a iniciativa na que participarán 60 nenos de 6 a 12 anos. Terá lugar o vindeiro venres nos pasillos da Deputación, dende ás 17:00 e ata ás 21:00 horas

Os cativos porán á venda diferentes produtos e pezas elaborados ou preparados por eles mesmos, cuxos fondos recadados serán destinados a Raiolas, Down Lugo, Protectora de animais e Parálise Cerebral 

Para rematar a xornada haberá unha actuación de maxia que correrá a cargo do Mago Antón, será ás 20:00 horas, no Salón de Actos da Deputación

Mércores, 03 de maio de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Concello, Deputación e Empresarias organizan a 1ª Festa de Nen@s Emprendedores cun marcado carácter social

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, a Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López, e a Presidente da Asociación de Mulleres Empresarias, Beatriz Varela, acompañadas de membros dos colectivos Down Lugo e Raiolas, presentaron a I Festa de Nenos e Nenas Emprendedores.

Trátase dunha iniciativa na que participarán 60 nenos de entre 6-12 anos. Terá lugar o vindeiro venres, 5 de maio, dende ás 17:00 e ata as 21:00 horas. Haberá unha carpa onde os cativos porán á venda diferentes produtos e pezas elaborados ou preparados por eles mesmos, por exemplo, doces ou pulseiras, cuxos fondos recadados serán destinados aos colectivos de Raiolas, Down Lugo, Protectora de animais e Parálise Cerebral.

Concello, Deputación de Lugo e Mulleres Empresarias promoven esta iniciativa para fomentar entre os máis novos valores como o espírito emprendedor, traballo en equipo, talento, creatividade ou a solidariedade.

Sonsoles López Izquierdo, convidou a todos os lucenses a participar neste encontro, e sinalou que “conta cun marcado carácter altruísta, social e de reinversión na sociedade en beneficio de todos”. Avanzou ademais que debido as previsións meteorolóxicas a Festa vaise trasladar aos pasillos do Pazo de San Marcos. A Deputada felicitou a todos os participantes, “xa que como se pode comprobar nestas 24 mini-empresas, cada día nos sorprenden coa súa creatividade”. Anunciou tamén que para rematar a xornada haberá unha actuación de maxia que correrá a cargo do Mago Antón, será ás 20:00 horas, no Salón de Actos da Deputación.

O Concello participa cun stand

A Concelleira de Economía, Ana Prieto, felicitou á Asociación de Mulleres Empresarias pola iniciativa, que a entidade local apoia porque “dinamiza a cidade a nivel social e económico, pero tamén polo seu carácter pedagóxico, que transcende o fomento do emprendedurismo empresarial”. “Xa que logo, emprender non é só montar unha empresa, é acometer un empeño, unha obra ou un proxecto social, en definitiva, tomar a iniciativa en calquera aspecto da vida. Polo tanto, fomentar o emprededurismo dende a nenez con iniciativas coma esta é fomentar o espírito emprendedor, a intelixencia emocional, a creatividade, a innovación e o traballo en equipo dos máis pequenos”, subliñou Prieto.

A edil explicou que a colaboración municipal consiste, por un lado, na cesión de aulas no Espazo Lab, no CEI Nodus, nas que os nenos e nenas elaboraron xa este pasado fin de semana os seus produtos, e, por outro, na colocación dun stand na feira deste venres na que os participantes farán produtos relacionados coa Unión Europea e verán as vantaxes de intercambiar bens con outros países.

Esta colaboración enmárcase na programación que o Concello organiza a través do centro de información europea Europe Direct-Lugo co gallo do Día de Europa, que se celebra o 9 de maio, e que incluirá diversas actividades infantís, ademais un concurso de fotografía, lectura dun manifesto, a interpretación do himno de Europa e o izado da bandeira.

A Presidente da Asociación de Mulleres Empresarias, Beatriz Varela, agradeceu o compromiso do Concello e a Deputación neste evento innovador. Sinalou que esta xornada comezou cun taller no CEI Nodus, “é como se pode comprobar tivo un éxito rotundo, xa que participarán 60 nenos con 24 mini-empresas”. E anunciou que lle gustaría que esta iniciativa fose impulsada como unha actividade extraescolar por toda a provincia.

24 mini -empresas participantes

Os asistentes atoparán as seguintes 24 mini-empresas: 

  1.  1000 e 1 GOMITAS: xoería.
  2.  SWEET MARTINA: doces.
  3.  EL JARDIN DE LA ILUSION: minicaptus pintados e bolsitas de flores secas.
  4.  DULCES DE ORO: galletas e roscón.
  5.  LAS CHOCO BROCHETAS: brochetas de froita con chocolate.
  6.  AS MIÑAS COUSIÑAS: bolos preñados de chourizo e mini chourizos.
  7.  MANUALIDADES.COM: manualidades
  8. RECICLING: reciclaxe. ASOCIACIÓN RAIOLAS.
  9. CESPIN CABEZA: muñecos de cabeza de céspede.
  10. FOTOSPLASH: fotografía e tirada de bolos.
  11. HELLO CUP: tazas pintadas
  12. LA ROSQUITIENDA: rosquillas.
  13. A y A ARTESANIA: artesanía.
  14. CASETA DULCE": galletas e chuches.
  15.  N Z: bisutería.
  16. JUICE EXPRESS: zumos naturais ecolóxicos.
  17. USA: portavasos, merendas, fundas e llaveros.
  18. LOS MINIRODRIGUEZ: marca páxinas e segunda mano.
  19. DELICIAS GALLEGAS: postres, filloas, orellas e rosquillas.
  20. LUCKY NUT: noces pintadas.
  21. LA IDEA: petos.
  22. DOCES VENTURA: repostería.
  23. A TENDIÑA DO CORGO: limonada, naranxada e bocatas.
  24. AS CATRO MANS: varitas, garbanzos, medusas de plástico e espadas.

Noticias relacionadas