Concello de Lugo e Armada reafirman nunha recepción oficial os vínculos que manteñen dende hai seis décadas para conmemorar o Luns Santo

Os altos cargos da Institución acudiron un ano máis á cidade para participar nos actos organizados na honra da Virxe da Esperanza.

Lara Méndez: “pese ás limitacións que impón a pandemia e que restrinxen o tipo de actividades autorizadas estes días, Concello e Armada queremos seguir cumprindo, dentro do posible, coa tradición que nos une cada Luns Santo, dende hai máis de 60 anos”.

Luns, 29 de marzo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Concello de Lugo e Armada reafirman nunha recepción oficial os vínculos que manteñen dende hai seis décadas para conmemorar o Luns Santo

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu esta tarde no Salón de Plenos do Concello aos altos cargos da Armada, nun acto oficial para simbolizar os lazos que ámbalas dúas institucións manteñen dende hai máis de 60 anos con motivo da celebración da Semana Santa.

Á recepción, presidida pola rexedora e á que tamén acudiron, ademais do portavoz do goberno Miguel Fernández, representantes do GM Ciudadanos e do PP - asistiron D. Antonio Duelo Menor, Excmo. Sr. Almirante Xefe do Arsenal da Armada de Ferrol; D. José I. Fernández de la Puente Amador, Capitán de Corbeta; D. José María Sanz Alisedo, Coronel IM - acompañados todos eles polas súas esposas - así como o Capelán da Armada, don Jorge D. Lorenzo Pérez e a Presidenta da Xunta de Confrarías da Semana Santa de Lugo, Dna. Isabel Lagares Mosquera e o Irmán Maior e membros da Confraría da Virxe de Esperanza.

Deste xeito, a alcaldesa sinalou que “pese aos condicionantes e limitacións que impón a pandemia e que restrinxen o tipo de actividades autorizadas estes días, Concello e Armada queremos seguir cumprindo, dentro do posible, coa tradición que os une cada Luns Santo, dende hai máis de seis décadas”.

Unha relación que ten a súa orixe nos anos da Guerra da Independencia, cando o Tercio Norte tomou parte activa na defensa da cidade de Lugo, en 1809, derrotando aos franceses no sitio actual das Gándaras. Esa vitoria do Tercio Norte evitou a toma da cidade polas tropas de Napoleón. Xa a mediados do século XX, en 1953, o entonces Ministro da Mariña recibiu, no nome da Armada, o título de Irmán Maior Honorario da cofradía da Virxe da Esperanza e a partir desa data a Armada participa ininterrumpidamente nos actos da Semana Santa de Lugo escoltando na súa procesión á Virxe da Esperanza.

Multimedia

  • Concello de Lugo e Armada reafirman nunha recepción oficial os vínculos que manteñen dende hai seis décadas para conmemorar o Luns Santo
  • Concello de Lugo e Armada reafirman nunha recepción oficial os vínculos que manteñen dende hai seis décadas para conmemorar o Luns Santo

Noticias relacionadas