Concello de Lugo aportará máis de 76.000 euros a proxectos de cooperación e sensibilización

Xoves, 20 de novembro de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O pasado 7 de novembro reuniuse a Comisión Avaliadora dos Programas de Cooperación ao Desenvolvemento do Concello de Lugo presidida pola Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, para elexir os proxectos de cooperación e de sensibilización presentados pola diferentes ONG´s e que contarán cun finanzamento municipal.

Os integrantes desta Comisión Avaliadora decidiron aportar un total de 59.347,61 euros a 7 proxectos de cooperación e 16.740 euros a tres proxectos de sensibilización presentados polas ONGs.

Así o Concello de Lugo colaborará económicamente para levar a cabo os seguintes proxectos de  cooperación:

- A promoción económica para mulleres desempregadas pobres en Rosario, Filipinas que levará a cabo a ONG Taller de Solidaridad con 14.217,50 euros.

- A formación sanitaria no Norte de Nicaragua que realizará Solidariedade Galega con 5.540 euros.

- O programa de xestión comunitaria da auga dende o punto de vista do xénero en Moloxi (Etiopía) da ONG Implicados no desenvolvemento con 4.900,40 euros.

- O proxecto de liña aérea de media tensión, centro de transformación e rede aérea de baixa tensión para a comunidade Nuevo Amanecer por parte da ONG AXUNICA, que o Concello subvencionará con 13.202,62 euros adicados á adquisición e construcción dunha liña eléctrica.

- A mellora das infraestruturas hídricas na cidade de Bigene en Guinea Bissau promovida pola Asociación pola Paz e o Desenvolvemento con 12.642 euros para a constucción dun pozo e a adquisición de pezas para arranxar outros dous.

- Compra de medicamentos para apoiar o relanzamento productivo do complexo avícola instalado nos campamentos de refuxiados Saharauis que levará a cabo Solidaiedade Internacional con 2.760 euros.

- Mellora da calidade de atención obstétrica e pediátrica dos profesionais de enfermería na provincia de Akumenan en Guinea Ecuatorial promovida por FUNDEN con 6.085,09 euros.

Ademais, a Comisión decidiu subvencionar diferentes proxectos de sensibilización:

- O proxecto Facendo familias. Os nenos e as nenas protagonistas e responsables na construcción da súa sociedade  dende a primeira infancia da fundación Meniños para o que o Concello aportará 3.000 euros.

- O achegamento do centro de recursos de Kandaharia a colectivos lucenses que levará a cabo Cova da Terra e que contará cunha subvención de 8.271,25 euros.

-O proxecto Educar para convivir de Médicos do Mundo de Galicia contará con 5.468,75 euros aportados polo Concello.

Noticias relacionadas