Concello, Cogami, Urbaser e Caixabank, unidos unha vez máis pola igualdade de oportunidades e a inclusión

Venres, 03 de maio de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Concello, Cogami, Urbaser e Caixabank, unidos unha vez máis pola igualdade de oportunidades e a inclusión

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada do director de institucións de Galicia Norte de Caixabank, Vicente Centelles, o coordinador do Programa Incorpora, Carlos Rosón, o responsable de Urbaser en Lugo, Miguel Ángel García, e o coordinador de formación de Cogami, Pabo Abuín; recibiron este venres, no Salón de Plenos do Concello, aos 20 alumnos e alumnas dun curso de formación sobre limpeza viaria e recollida de residuos, posto en marcha ao abeiro do Proxecto Incorpora.

Trátase dunha iniciativa froito dun acordo asinado entre Obra Social La Caixa e Cogami, no que colabora o Concello, que fai posible que persoas con diversidade realicen prácticas en empresas, neste caso en Urbaser, fomentando, deste xeito, o acceso ao mundo laboral de persoas en situación ou risco de exclusión.

No acto tamén estivo presente a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, o encargo xeral de Urbaser en Lugo, Jesús López, o presidente de Cogami Lugo, Jose Luis Lolo, o director do CRD-Fingoi Lugo, Juan Antonio Gude, a coordinadora de formación, Belén Jardón e a docente do curso, Ana Belén López, así como representantes das entidades colaboradoras como o Punto Formativo Incorpora, Igaxes, Feafes e Cruz Vermella, entre outros.

Lara Méndez puxeo en valor este tipo de iniciativas, nas que colaboran entidades públicas e privadas, e que persiguen acadar a igualdade de oportunidades e a inclusión, a través da empregabilidade. Nesta liña, a rexedora agradeceu o traballo e a conciencia social de todas os axentes implicados neste proxecto e convidou ao alumnado a aproveitar ao máximo esta oportunidade, un punto no que tamén insistiu Centelles, Rosón, García e Abuín.

Noticias relacionadas