A Concellería de Xuventude presenta o Terceiro Certame internacional de graffiti

Martes, 06 de xullo de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, presentou hoxe oa terceira edición do Certame internacional de graffiti que se vai celebrar en Lugo os días 16 e 17 de xullo.

Rielo explicou que a súa Concellería quere ”apoiar unha modalidade de arte urbano que cada vez ten máis adeptos” e engadiu que o obxectivo é que os mozos aprendan a “diferenciar o que é arte do que non o é”. Tamén sinalou que está xeneralizada a opinión de que “nun muro no que hai graffitis non se producen pintadas”.

O Certame de graffiti vai cadrar coa celebración do Campionato Internacional de Skateboard Style Fighters e tamén está programada a actuación de grupos de música rap e pop.

O Certame será organizado polo grupo Circo Concepto Original, que reunirá en Lugo unha representación de figuras internacionais no mundo do graffiti. Segundo informou Marcos Pereira, no certame van participar reputados graffiteiros de Holanda, Reuno Unido e Italia.
Está previsto que deixen unha testemuña da súa arte no edificio de Frigsa situado xunto á pista de skate.

Tanto a Concelleira coma o representante de Concepto Circo sinalaron que a arte do graffiti non é comparable ó vandalismo que supón estragalas paredes con pintadas. Ademáis lembraron que Lugo dispón desde o ano 2000 de muros nos que se poden facer legalmente debuxos que se renovan periódicamente.

Multimedia

Noticias relacionadas