A Concellería de Xuventude presenta novo material educativo da campaña ‘Desconecta’ sobre a prevención do consumo de drogas

No 2018/19 chegouse con intervencións específicas de prevención de drogas no ámbito educativo a máis de 1.200 mozos e mozas dos centros educativos de Lugo realizando unha media de 3 sesións por grupo

Xoves, 02 de xaneiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Concellería de Xuventude presenta novo material educativo da campaña ‘Desconecta’ sobre a prevención do consumo de drogas

A Concellería de Xuventude, que dirixe Ana González Abelleira, presentou esta maña o novo material para traballar en clase, visual e con presentación lúdica, destinado a actuar sobre os perigos das drogas con e sen substancia nas etapas de primaria e secundaria. “Un dos obxectivos principais destes novos recursos é precisamente a prevención e sensibilización” destacou a edil.

Por unha banda está o material de primaria, composto de 3 unidades temáticas para traballar cada unha nunha respectiva sesión. Estas unidades están acompañadas dun par de tablets de escritura –para as dinámicas-, e uns bolígrafos que se entregan na primeira sesión.

Por outra banda, o material de secundaria/BAC, que son 3 folletos en cor con ilustracións do deseñador Leandro Barea. Unha trata sobre o xogo (salas de apostas e casas de xogo), outra sobre o móbil e o seu uso e abuso, e unha terceira sobre o consumo das drogas.

Os centros educativos poden poñerse en contacto co Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias para solicitar os obradoiros que conteñen este material:

Material

Audio

Noticias relacionadas