A concellería de Xuventude organiza unhas xornadas para sensibilizar sobre o consumo de drogas e a condución

As xornadas terán lugar os días 12 e 13 de Xullo, en horario de 16:30h a 21:30h, na Praza Maior.

A acción busca sensibilizar á poboación sobre a relación existente entre o consumo de drogas e a condución e dotala de coñecementos nesta área.

Haberá unha zona de simulación para poder experimentar as diferencias de axilidade e rapidez en reacción respecto á mobilidade en condicións normais.

Luns, 04 de xullo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A concellería de Xuventude organiza unhas xornadas para sensibilizar sobre o consumo de drogas e a condución

O goberno de Lara Méndez, pon en marcha unhas xornadas baixo o lema “Mocidade, Drogas e Conducción” incluídas no programa +Xti, que subvenciona o Plan Nacional sobre Drogas adscrito á concellería de Xuventude, que buscan sensibilizar á poboación sobre a relación existente entre o consumo de drogas e a condución e dotala de coñecementos nesta área, actualizando contidos dun xeito dinámico e participativo.

As xornadas terán lugar os días 12 e 13 de Xullo, en horario de 16:30h a 21:30h, na Praza Maior. A inscrición e participación será os propios días da actividade, sen límite de aforo. “Malia estar inicialmente pensada para o sector máis novo da sociedade, esta é unha actividade aberta para a poboación en xeral sen importar a súa idade” apuntaba o edil ao tempo que explicou que “o obxectivo é resolver dúbidas e informar e sensibilizar sobre diferentes cuestións sobre o consumo e a condución”.

Durante as xornadas, a Praza Maior acollerá un circuíto de vehículos de mobilidade persoal, formada por coches de despezamento (froito de impactos), para que os participantes vexan os riscos de conducir estes vehículos e poidan interiorizar o perigo no caso de facelo baixo os efectos de sustancias nocivas. Tamén se poderán interiorizar as consecuencias fatais que pode ter a condución baixo os efectos de sustancias nocivas, instalando unha zona de habilidades na que se contará con gafas de simulación de taxas positivas e nas que os asistentes poderán experimentar as diferencias de axilidade e rapidez en reacción respecto á mobilidade en condicións normais.

Noticias relacionadas