A Concellería de Xuventude oferta un amplo programa de actividades lúdicas e formativas

Venres, 20 de febreiro de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Xuventude, que dirixe Rosana Rielo, porá en marcha un conxunto de actividades lúdicas e formativas que, segundo a Concelleira, “conforman un amplo abano de actividades de lecer e formativas que van dende cursos de socorrismo, e primeiros auxilios ata cursos de maxia”.

- Curso de primeiros auxilios. A Concelleira explicou que se trata dun curso de 20 horas de formación. O prezo será de 30 eruos e o prazo de inscrición poderá realizarse ata o 17 de marzo.

- Curso de socorrismo acuático e módulo de praias.- Terá unha duración de 80 horas e un prezo de 50 euros. E o prazo de inscrición estará aberto ata o 1 de abril.

Ámbolos dous cursos serán baremables para procesos selectivos.

- A Concelleira de Xuventude tamén presentou un curso de maxia  que terá lugar os sábados de 11:30 horas a 13:00 horas do 14 de marzo ao 6 de xuño. Trátase dun curso de iniciación que terá a súa continuidade despois do verán cun curso de perfeccionamento. Este curso ten un custo de 15 euros e o prazo de inscrición estará aberto ata o 11 de marzo.

Todos estes cursos están dirixidos a mozos e mozas de 14 a 30 anos que estén censados, traballando o estudando na cidade. Os interesados poden formalizar a súa inscrición na Oficina de Información Xuvenil do Concello de Lugo sita no terceiro andar do Centro Social Uxío Novoneyra.

Por outra banda a Concelleira presentou un novo programa de Movida Alternativa Xuvenil (MAX) que terá lugar as fines de semana entre o 6 de marzo ao 20 de xuño. Este programa inclúe actividades diversas dirixidas á mocidade lucense e que se desenvolverán na Casa da Música.

Os venres:
- 21.30 a 23.00 horas.- Cociña
- 21.30 a 23.00 horas.- Fabrica o teu coche de Scalextric
- 21.30 a 23.00 horas.- Iniciación ao saxofón
- 23.00 a 00:30 horas.- Faino ti mesm@

Os sábados terán lugar os talleres adicados ao Arde Lucus:
- 21.30 a 23.00 horas.- Coiro.
- 23.00 a 00.30 horas.- Espadas e corazas.
- 21.30 a 00.30 horas.- Decoración de traxes.

Ademáis ámbolos dous días haberá entre as 21.30 e as 00:30 horas actividades de xogos de inxenio, plataformas de baile, consolas…

Arde Lucus
Por outra banda,  Rielo anunciou hoxe as datas nas que se celebrá a nova edición da festa organizada pola súa Concellería.  O Arde Lucus terá lugar este ano a última fin de semana de xuño, do día 26 ao 28 a cidade voltará aos seus orixes recreando o seu pasado romano.

Unha festa que cada vez comeza a ter unha maior relevancia, non só en Lugo e Galicia, senón tamén no resto de España. De feito, o Arde Lucus está nominado na páxina web de www.7mejores.es na que se elexirán as sete mellores festas de todo o país.

Multimedia

Noticias relacionadas