A concellería de Muller e Xuventude amplía a cota de inscricións para as andainas do sábado, logo das modificacións na normativa Covid

As persoas interesadas en participar na ruta cultural Mulleres con Forza en no roteiro ao Courel poderán aproveitar esta xornada para anotarse.

Xoves, 18 de marzo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A concellería de Muller e Xuventude amplía a cota de inscricións para as andainas do sábado, logo das modificacións na normativa Covid

Dende a concellería de Muller, Igualdade e Xuventude, dase traslado de que, vistas as modificacións publicadas na Orde do DOG nº52-Bis do 17 de marzo do 2021, concretamente no Anexo I, no punto 3.24, pola que se amplían ata un máximo de 8 persoas máis monitor as actividades turísticas a partir das 00:00 horas de mañá 19 de marzo, quedan ampliados tamén os grupos para a Andaina de Mulleres con Forza e para a Ruta da Xuventude Activa ao Courel: Monte Cido e Devesa da Rogueira, ámbalas dúas previstas para este sábado.

As persoas interesadas en participar nas andainas Mulleres con Forza poderán anotarse ata hoxe ás 20:00 horas a través do 010, ou no 982297350 para os de fóra de Lugo, xa sexa para a quenda das 10:00 ou das 12:00 horas.

Esta actividade inclúese dentro da programación do 8M que organizou a área da Muller. Son rutas culturais que percorren os espazos e monumentos relacionados coas mulleres que transformaron a sociedade lucense e galega ao longo da súa vida, deixando un importante legado a nivel histórico, cultural ou científico.

No caso da ruta de Xuventude Activa ao Courel: Monte Cido e Devesa da Rogueira, as inscricións poderán realizarse tamén ata este xoves a través de www.formulario.xuventudelugo.gal

Neste caso, trátase dun calendario de rutas, enmarcada na programación do primeiro semestre de Xuventude, no que figuran 8 rutas ata xuño; contemplando andainas de dificultade fácil, moderada e alta; tanto para a rapazada que se está iniciando no sendeirismo como para a máis experimentada. Deste xeito, a área que dirixe Ana González Abelleira aposta unha vez máis por unha programación que ten á natureza como principal protagonista, ofrecendo novas alternativas de lecer saudables e sostibles, que combinan deporte e medio ambienta ao tempo que se relacionan con outros mozos e mozas da súa idade.

Noticias relacionadas