A concellería de Muller e Igualdade, anuncia unha completa programación no mes de maio, con motivo do Día das Letras Galegas

Dentro da programación, figuran 4 rutas cunha duración de 2 horas ás que inscribirse a través do 010.

O sábado día 15 de maio de 2021, no parque Rosalía de Castro de Lugo, celebraríase un concerto de música co gallo de homenaxear á poeta Xela Arias.

Xoves, 06 de maio de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A concellería de Muller e Igualdade, anuncia unha completa programación no mes de maio, con motivo do Día das Letras Galegas

A Concelleira de Muller e Igualdade, Silvia Alonso, anunciou a programación do mes de maio, baixo o nome de Rutas Literarias Xela Arias. A muller nas Letras Galegas, con motivo do Día das Letras Galegas.

Unha  programación que ten como obxectivo visibilizar a aportación das escritoras galegas á cultura e á igualdade da muller como creadora a través da poesía de Xela Arias, homenaxeada no Día das Letras Galegas 2021.

O pistoletazo de saida terá lugar este sábado día 8 de maio co inicio das rutas literarias, relatando nas mesmas a vida de Xela Arias co fío conductor da súa poesía enlazando coa obra das autoras homenaxeadas anteriormente: Rosalía de Castro, Francisca Herrera, María Mariño e María Victoria Moreno. Polo tanto, o fío condutor é unha poesía de Xela Arias en cada punto da ruta, que visitará e fará paradas naa Praza Maior, rúa das Nóreas, rúa da Raíña, rúa María Balteira, Praza de Santa María, Instituto Lucus Augusti e Parque Rosalía de Castro.

A duración das andainas é de 2 horas, con saída ás 11:00 horas dende os soportais do Concello, 8 persoas por grupo (segundo as restriccións sanitarias actuais) e terán lugar os sábados 8, 15, 22 e 29 de maio, mes das Letras Galegas.

O sábado día 15 de maio de 2021, no parque Rosalía de Castro de Lugo, ao rematar a andaina, celebraríase un concerto de música co gallo de homenaxear á poeta Xela Arias, defensora dos dereitos das mulleres en Galicia. O evento desenvolverase do seguinte xeito: Presentación Interpretación de dez poemas de Xela Arias, musicados por Eloi Caldeiro. Entre tema e tema, unha muller lerá o poema que a continuación se interpretará musicalmente.

Audio

  • A concelleira de Muller e Igualdade, Silvia Alonso, sobre o Día das Letras Galegas | Descargar mp3

Noticias relacionadas