A concellería de Medio Rural inicia unha campaña para loitar contra a proliferación da avespa velutina en Lugo

Segundo a Alcaldesa, Lara Méndez, a medida favorecerá a eliminación dos niños desta especie invasora, que prexudica á autóctona e xera alarma na poboación.

O concelleiro avanzou que se colocarán 1.000 trampas nos lugares que sexan mais propensos para acoller niños e preto dos núcleos das 54 parroquias.

Os traballos seguirán durante a primavera, e para a realización dos mesmos se conta coa colaboración do Servizo Municipal de Protección Civil.

Venres, 01 de abril de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A concellería de Medio Rural inicia unha campaña para loitar contra a proliferación da avespa velutina en Lugo

O Goberno de Lara Méndez, a través da Área de Medio Rural, que dirixe o tenente de Alcaldesa, Miguel Fernández, lanzará unha campaña para loitar contra a proliferación da avespa velutina no municipio a través dunha campaña de trampeo profesional de raíñas durante esta primavera.

O rexedora lucense destacou que “aínda non sendo competencia municipal, calquera cuestión que xere malestar ou incerteza na poboación lucense nos incumbe”. Neste senso, incidiu que é “unha medida pensada para favorecer a erradicación da praga desta especie invasora, que está a prexudicar gravemente á autóctona e xera situacións de alarma entre a poboación pola súa proliferación”.

Pola súa banda, Miguel Fernández avanzou que "colocaremos 1.000 trampas en todo o municipio e preto dos núcleos das 54 parroquias que configuran a zona rural de Lugo e nos lugares que sexan mais propensos á realización de niños”. Os traballos, que xa comezaron, seguirán durante esta primavera, e para os mesmos “contamos coa colaboración do Servizo Municipal de Protección Civil”.

Os expertos inciden na importancia de controlar o número de raíñas, pois se estima que aparecen uns 6.000 exemplares por niño, cifra que crece de forma exponencial a medida que avanza a época de construción do niño primaria, que adoita coincidir cos meses de febreiro e maio.

Dende a Área de Medio Rural, lembran que non debe render o pánico cando se detecta a aparición dun niño, pois está comprobado que, de non padecer unha alerxia especial, as avespas velutinas non teñen por que ser máis perigosas que unha avespa normal, pero si máis agresivas, polo que sempre se recomenda gardar as distancias e chamar ao Teléfono de Atención e Información á Cidadanía 012 da Xunta de Galicia.

Metodoloxía das trampas

As trampas serán reutilizables e de cor amarelo, con tapa de dous orificios de entrada cubertas cun túnel de concentración de cheiros que evita o escape dos insectos atrapados. Dispón dun sistema para o baleirado e outro do anclaxe para colocalas en altura (ganchos, asas...). O líquido atraínte para vespa velutina contén estratos de plantas e sen insecticida formulado para non atraer ás abellas.

As avespas capturadas morren nas trampas e serán recollidas e almacenadas en recipientes herméticos e transportados polo Servizo Municipal de Protección Civil para súa xestión con medios dispoñibles do Concello de Lugo. O líquido atraínte renovarase cada quince días.

Audio

  • O edil de Medio Rural, Miguel Fernández, sobre a velutina | Descargar mp3

Noticias relacionadas