A Concellería de Infraestruturas Urbanas realiza múltiples intervencións no barrio da Ponte

Alexandre Penas: “en parte trátase de arranxos pequenos, moi demandados pola veciñanza da contorna”

Desde o goberno municipal pídese á veciñanza que circule con precaución cando se inicien varios traballos de asfaltado no barrio

Venres, 10 de xullo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Concellería de Infraestruturas Urbanas realiza múltiples intervencións no barrio da Ponte

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, informou de que nos pasados días se realizaron múltiples intervencións no barrio da Ponte. Segundo Alexandre Penas, “trátase de varias peticións realizadas en múltiples ocasións pola veciñanza da contorna, que desde a concellería de Infraestruturas realizamos seguindo o noso plan de atención aos barrios”.

A concellería de Infraestruturas realizou nestes días o arranxo da varanda do paseo Álvaro Cunqueiro e colocou un paso de peóns elevado na Estrada Vella de Santiago. Alexandre Penas explicou que “son dúas actuacións necesarias para a mellora da seguridade das veciñas e veciños que camiñan pola zona e para favorecer o calmado do tráfico”. Penas explicou que “estamos a xestionar o asfaltado do vial da parte posterior do Polusa e o vial de Barrio Novo, dúas actuacións moi necesarias debido ao mal estado das vías”.

O edil de Infraestruturas pediu á veciñanza “que circule con precaución pola zona mentres se realicen os traballos de asfaltado para garantir a seguridade tanto da veciñanza como das traballadoras e traballadores”. Alexandre Penas destacou “a importancia de realizar actuacións nos distintos barrios para mellorara a calidade de vida das veciñas e veciños de todo o concello”.

Audio

  • O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, sobre as actuacións no Barrio da Ponte| Descargar mp3

Multimedia

  • A Concellería de Infraestruturas Urbanas realiza múltiples intervencións no barrio da Ponte

Noticias relacionadas