A concellería de Infraestruturas Urbanas informa do inicio dos traballos de asfaltado do entorno do Auditorio Municipal

Alexandre Penas: “trátase dunha actuación necesaria debido ao estado de deterioro deste entorno”

A actuación servirá tamén para aumentar o espazo dedicado ao Mercado de Frigsa

Martes, 26 de maio de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A concellería de Infraestruturas Urbanas informa do inicio dos traballos de asfaltado do entorno do Auditorio Municipal

Desde a concellería de Infraestruturas Urbanas infórmase que durante os vindeiros días realizaranse os traballos de asfaltado no entorno do Auditorio Municipal Gustavo Freire. Segundo indicou Alexandre Penas, “trátase dunha actuación necesaria e moi demandada tanto polos colectivos culturais que fan uso das instalacións como das usuarias e usuarios do parque de Frigsa”. Penas destacou a importancia desta actuación “dado o estado de deterioro no que se atopaban este entorno”.

A actuación proxectada pola concellería de Infraestruturas Urbanas inclúe o asfaltado con mestura en quente e o pintado da separación de carrís de circulación con prazas de estacionamento e prazas para persoas con mobilidade reducida. Alexandre Penas lembrou que “esta actuación servirá tamén para aumentar o espazo dedicado ao Mercado de Frigsa”.

Alexandre Penas informou tamén que dende a área de Mobilidade se están realizando nestes días actuacións nas rúas Río Sar, Avetarda e Couselo. Desde a concellería de Infraestruturas pídese á veciñanza que circule con precaución nas zonas afectadas e infórmase que segundo as necesidades da actuación se poderán establecer restricións ao tráfico.

Audio

  • O edil  de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, sobre o asfaltado no entorno do Auditorio Municipal Gustavo Freire | Descargar mp3

Multimedia

  • A concellería de Infraestruturas Urbanas informa do inicio dos traballos de asfaltado do entorno do Auditorio Municipal

Noticias relacionadas