A concellería de Infraestruturas Urbanas informa de que nos vindeiros días se asfaltarán os pasos de peóns elevados en construcción

Alexandre Penas: “pedimos á veciñanza que circule con precaución no entorno das obras para garantir a seguridade das traballadoras e de toda a veciñanza”

Realizaranse novos pasos de peóns elevados nos colexios Rosalía, Illa Verde e Paradai, e no instituto da Piringalla

Venres, 03 de xullo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A concellería de Infraestruturas Urbanas informa de que nos vindeiros días se asfaltarán os pasos de peóns elevados en construcción

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, informou de que, debido aos traballos que se están a levar a cabo dentro do plan de calmado de tráfico que durante os últimos meses se executou nos distintos centros educativos de Lugo. Segundo Alexandre Penas, “a partir da semana que vén realizaranse os asfaltados nos entornos dos colexios Rosalía, Illa Verde e Paradai e no instituto da Piringalla”.

O edil de Infraestruturas explicou que se están a colocar “oito pasos de peóns elevados nas rúas Roi Xordo, Angelo Coclocci, Alexandre Bóveda Galiza, e Mariña Española”. A concellería de Infraestruturas realizou modificacións nos pasos de peóns “para aumentar a seguridade e a accesibilidade das veciñas e veciños”, declarou Alexandre Penas, que explicou que “na rúa Roi Xordo, o paso de peóns trasladouse a un punto máis cercano á porta do centro, no canto da curva onde estaba ata o inicio da actuación, para gañar en visibilidade”.

Na Rúa Galiza realizáronse actuacións para aumentar a accesibilidade, na rúa Mariña Española prolongouse a beirarrúa na entrada secundaria, reducindo a lonxitude do paso de peóns e aumentando a seguridade do entorno, ademais creouse un refuxio de peóns no paso diante do centro educativo para dispoñer dun cruce máis seguro evitando o xiro de vehículos no propio paso de peóns.

O edil de  Infraestruturas pediu á veciñanza “que circule con precaución por estas zonas para garantir a seguridade tanto da propia veciñanza como das persoas que están a traballar nas distintas rúas”.

Audio

  • O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, sobre os pasos de peóns elevados | Descargar mp3

Noticias relacionadas