A concellería de Infraestruturas repara firme de San Lázaro

Rubén Arroxo: “realizouse unha actuación integral no tramo afectado, para evitar que se volva formar esa fenda”

“Trátase dunha intervención solicitada pola veciñanza da contorna nun tramo que se deterioraba reiteradamente”, indicou Rubén Arroxo

Mércores, 05 de febreiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A concellería de Infraestruturas repara firme de San Lázaro

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, informou da actuación realizada pola concellería de Infraestruturas no firme de San Lázaro. “Trátase dunha intervención solicitada polas veciñas e veciños da zona, na que dende Infraestruturas traballamos para dar a mellor solución posíbel nun tramo que se deterioraba reiteradamente”, indicou Rubén Arroxo.

“Realizamos unha actuación integral no tramo de rúa afectado para evitar que volva aparecer esta fenda”, indicou Rubén Arroxo, que engadiu “estamos actuando en zonas nas que foi moitos anos que non se fan intervencións para mellorar a calidade de vida e as veciñas e veciños agradecen moito que dende o concello se lles teña en conta”.

Con estas intervención, a Concellería de Infraestruturas Urbanas traballa para garantir as boas condicións de distintos servizos públicos e mellorar a calidade de vida e o benestar da veciñanza da contorna e da cidadanía. Para a área de Infraestruturas, os barrios teñen que ter as atencións necesarias.

Noticias relacionadas