A concellería de Infraestruras realiza un novo mantemento no Aparcadoiro Municipal do HULA

Alexandre Penas: “realizaremos os mantementos precisos para que este aparcadoiro esté nas mellores condicións posíbeis”

Durante a tarde do domingo 28 pecharase a parte frontal do aparcadoiro, deixando libre para o uso das veciñas e veciños a parte posterior

Sábado, 27 de febreiro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A concellería de Infraestruras realiza un novo mantemento no Aparcadoiro Municipal do HULA

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, informou que o vindeiro luns comezará unha nova actuación de mantemento no Aparcadoiro Municipal do HULA. “Debido ao material utilizado, os aparcadoiros realizados con este tipo de materiais requiren de mantementos periódicos”, indicou Alexandre Penas. O edil de Infraestruturas informou que durante a tarde do domingo se pechará a parte frontal do aparcadoiro, onde se comezarán os traballos o luns debido ao desgaste do material nesa zona, deixando aberta para o uso da veciñanza a parte posterior.

“Dende a concellería de Infraestruturas realizaremos os mantementos precisos para que este aparcadoiro municipal esté nas mellores condicións posíbeis”, afirmou o edil de Infraestruturas, que engadiu “coa actuación realizada no ano 2019, reduciuse o tamaño das fochancas, que antes incluso chegaban a producir que os vehículos quedaran atrapados”.

Alexandre Penas lembrou que “noutras cidades existen aparcadoiros deste tipo, como son os existentes en terreos afectados pola protección de costas, os cales levan anos funcionando co mantemento correspondente”.

Noticias relacionadas