A concellería de Educación reactiva o procedemento de inscrición para 142 prazas nas escolas infantís municipais

As solicitudes poderán presentarse ata o 23 de xuño pedindo cita no 010 ou mediante o rexistro telemático

Felipe Rivas: “as escolas da rede municipal contan cun proxecto educativo integral para nenas e nenos de 0 a 3 anos”

Martes, 26 de maio de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A concellería de Educación reactiva o procedemento de inscrición para 142 prazas nas escolas infantís municipais

Co proceso de desescalada, a Concellería de Educación e Difusión do Coñecemento reactiva o prazo de inscrición para ocupar as 142 prazas libres para o vindeiro curso nas catro escolas infantís municipais. Felipe Rivas, concelleiro de Educación, lembrou que “as escolas infantís municipais non só cumpren unha labor asistencial, tamén contan cun proxecto educativo integral para as nenas e nenos de 0 a 3 anos”.

Destas 142 prazas, ofértanse 28 para nenas e nenos de 3 meses a 1 ano, 16 para 1 a 2 anos e 98 de 2 a 3 anos, das que, en total, 37 serán para as escolas Serra de Outes, Gregorio Sanz e Luís Soto Menor, mentres que a escola María Wonenburguer ofertará 31 prazas.

Dende a concellería de Educación infórmase de que o prazo para presentar as solicitudes estará aberto entre o 27 de maio e o 23 de xuño. As familias interesadas, deberán cubrir o formulario que se habilitará na web do concello e entregalo presencialmente ou mediante o rexistro telemático. Para entregalo de maneira presencial no rexistro do Concello será preciso solicitar cita previa no 010. Felipe Rivas lembrou que “as familias que desexen máis información poden contactar co persoal da área de Educación ou co teléfono de información do Concello, 010”.

Audio

  • O edil de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, sobre os prazos das Escolas Infantís Municipais | Descargar mp3

Noticias relacionadas