A Concellería de Deportes colabora no Día da Bicicleta que se celebra o 23 de setembro

Xoves, 13 de setembro de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, participou hoxe na presentación da XIX edición do Día da Bicicleta que se vai celebrar o domingo 23 de setembro.

Os participantes na iniciativa concentraranse ás 11.30 da mañá na Praza Maior e a hora de saída está prevista para as 12.00 horas.

O percorrido da proba será o seguinte: Praza Maior, Rúa da Raíña, San Marcos, Amor Meilán, Rúa Nova, Montevideo, Bolaño Rivadeneira, Quiroga Ballesteros, Santo Domingo, Rúa da Raíña, Praza Maior, Bispo Aguirre, Ronda da Muralla (tramo peonil), Ronda da Muralla, Rúa do Conde, Río Sil, Avenida de Infanta Elena e Centro Comercial As Termas, onde rematará o percorrido e farase a entrega de agasallos.

Dende a Concellería de Deportes convídase a todos os veciños e veciñas a participar neste Día da Bicicleta, aproveitando para disfrutar dunha xornada de convivencia ó tempo que se fai exercicio e se pasea pola cidade.

Esta actividade enmárcase na Semana europea da Mobilidade 2012.

Noticias relacionadas