A Concelleira de Servizos Sociais visitou a exposición de traballos do Centro de Convivencia de Fingoi

Xoves, 07 de xuño de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Servizos Sociais, Ana González Abelleira, visitou esta mañá a exposición do Centro de Convivencia de Fingoi. Nela recóllense moitos dos traballos realizados nos obradoiros de animación sociocultural que se estiveron desenvolvendo ata agora. Desta maneira, os centros de convivencia do Concello recollen, como ven sendo habitual nos últimos anos, unha exposición na que poderemos ver os traballos realizados por alumnos e alumnas que acudiron ás actividades de pintura, labores, ou traballos manuais.

Estas mostras poden visitarse do 4 ao 10 de xuño nos centros de Fingoi, Sagrado Corazón e Maruja Mallo. No caso do centro de convivencia de Lamas de Prado poderá facerse entre os días 4 e 17 de xuño e no Uxío Novoneyra do 11 ao 17 de xuño.

Coñeza os Centros de Convivencia.

 

Multimedia

Noticias relacionadas