A Concelleira de Muller, Igualdade e Xuventude, presenta hoxe O libro En Lugo sementamos igualdade

O Concello preparou actividades online, en redes sociais e presenciais (condicionadas ás pautas sanitarias) para todas as idades, especialmente para a mocidade e infancia.

A presentación do libro En Lugo sementamos poderase seguir través de: https://us02web.zoom.us/j/83762576540?pwd=UkV2T3BaYnRkOElWSDFFREpzeVNTUT09

Luns, 08 de marzo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Concelleira de Muller, Igualdade e Xuventude, presenta hoxe O libro En Lugo sementamos igualdade

A Concelleira de Muller, Igualdade e Xuventude, Ana Abelleira, será a encargada de presentar o acto, que correrá a cargo de Llerena Perozo Porteiro, autora dos textos do libro, quen realizarán unha descrición básica do manual, contidos e obxectivos. Llerena Perozo Porteiro imparte talleres de comunicación para mulleres dende a perspectiva de xénero por todo o territorio galego dende hai 20 anos, colaborando con diversas organizacións feministas en temas de comunicación e habitualmente imparte conferencias sobre violencia de xénero, ecofeminismo e comunicación.

A presentación do libro En Lugo sementamos igualdade é hoxe 8 de marzo, ás 20:30 horas a través de Zoom:

https://us02web.zoom.us/j/83762576540?pwd=UkV2T3BaYnRkOElWSDFFREpzeVNTUT09

O Concello editou mil unidades deste libro, que se poderán recoller na Casa da Muller, no parque de Frigsa, con cita previa, no teléfono 982 29 7412. Nel faise fincapé na igualdade: unha tarefa común; onde se pode atopar tamén unha pequena guía para conseguir unha comunicación e linguaxe igualitarias.

Noticias relacionadas