A Concelleira de Muller e Servizos Sociais participa nun foro internacional sobre cooperación

Xoves, 29 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Camen Basadre, participou en Santiago de Compostela nas IV Xornadas de cooperación. O compromiso global do mundo local.

Estas xornadas, organizadas polo Fondo Galego de Cooperación, dentro do que se encontra dende hai cinco anos o Concello de Lugo, convírtense cada ano no punto de encontro dos actores galegos que traballan na cooperación e no desenvolvemento.

A Concelleira participou, con outras expertas e expertos nacionais e internacionais, neste foro para o intercambio de experiencias. Entre outros, ademais de autoridades locais galegas, contouse coa presencia de representantes do Concello de Córdoba, do Fons Valenciá de Cooperación, da Cámara Municipal de Palmela (Portugal), así como do Coordinador do programa ART (Apoio ás Redes Territoriais) das Nacións Unidas e de dous representantes do municipalismos en Cabo Verde.

Trátase de facer unha reflexión colectiva sobre as políticas de desenvolvemento e debater sobre o papel que deben asumir os concellos, institucións públicas e a cidadanía na loita contra a pobreza e as desigualdades no mundo.

Este escenario de debate ten como obxectivo establecer unha converxencia básica de orientacións estratexias e aprendizaxes que permitan seguir avanzando e mellorando nas accións solidarias.

Noticias relacionadas