A Concelleira de Muller e Benestar Social participa nun seminario sectorial sobre mulleres emprendedores e as TIC

Xoves, 24 de xaneiro de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, participou na inauguración oficial do Seminario (ni+ ni-) Igualdad de Xénero na Sociedade da Información que acolle este xoves, 24 de xaneiro, o Salón de Actos da Fundación Caixa Galicia.

No acto tamén participaron o Subdelegado do Goberno, Jesús Otero, o Delegado Provincial de Traballo, Miguel Vázquez Calvo, e o Director de Agestic, José María López Bourio, asociación que organiza os catro seminarios sectoriales.

Este ciclo de xornadas divulgativas arrincou en Lugo cun seminario sobre a aplicación das TIC no sector primario. Este contou coa participación de acreditados profesionais que analizaron os problemas que afectan á incorporación das novas tecnoloxías no mundo rural; en especial, incidiron nas dificultades que atopan as mulleres emprendedoras para incorporar as TIC aos seus negocios e empresas e, tamén, para manterse actualizadas nos últimos avances neste campo.

A Concelleira de Muller e Benestar Social destacou “a importancia de celebrar en Lugo actividades como esta que sirven para auspiciar o intercambio de ideas e a promoción do traballo que desenvolven as mulleres en Lugo e na provincia, que destaca polo alto número de mulleres autónomas e emprendedoras que desenvolven os seus proxectos, en especial no sector rural”.

A Coruña, Ourense e Vigo acollerán charlas sobre comercio e servizos, sobre as mulleres profesionais e sobre o sector industrial, respectivamente, entre o 7 de febreiro e o 6 de marzo.

Estes seminarios servirán de base para o encontro de Mulleres Emprendedoras Galegas e TIC en Igualdade que se celebrará o día 13 de marzo en Santiago de Compostela. Nesta xuntanza empresarias de toda Galicia porán en común as conclusións dos catro seminarios sectoriais e servirá de foro para intercambiar experiencias na implantación das TIC en negocios e proxectos liderarados por mulleres.

Noticias relacionadas