A Concelleira de economía e Emprego recibe no Concello a alumnos de primaria do Colexio Fingoi

Mércores, 16 de abril de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Méndez agasallou aos rapaces cun cómic no que se explica o que é a democracia, o Concello como Casa de todos, que é o Pleno, etc. Ademais a Concelleira explicou aos rapaces os lugares onde se sentan o Alcalde, os tenentes de Alcalde, os Concelleiros e os membros da oposición.

Por outra banda, os rapaces leron un texto ecrito por eles no que dicían o moito que lles gusta a cidade, a Muralla Romana, os paseos á beira do Miño e as festas do San Froilán. Tamén resataron o que disfrutan co día da bicicleta, e que lles gustaría que se puidera facer máis veces ao ano. Os alumnos de Fingoi solicitaron á Concelleira que lle trasladase ao Alcalde o seu compromiso polo coidado dos espazos de todos, sobretodo dos parques e da Muralla, algo que Méndez agradeceu de parte de todos os membros da corporación.

Noticias relacionadas