Finaliza con éxito a segunda fase dos Orzamentos Participativos na que se decidiron os proxectos a realizar

Preto de 600 persoas votaron entre máis de 140 propostas de todas as áreas municipais

Xoves, 11 de xuño de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Desenvolvemento Local en funcións, Rosana Rielo, informou dos resultados da segunda fase do proxecto Lugo Opina Orzamentos Participativos que rematou esta semana e na que se votaban as propostas máis interesantes para levar a cabo.

Rosana Rielo informou que foron 567 persoas as que votaron as 142 propostas seleccionadas anterioremente e das que máis de 60 se levarán a cabo. Así, tamén incidiu en que “os propios cidadáns foron os que na primeira fase distribuiron o o orzamento en diferentes áreas sendo as de xuventude, deportes e infraestrutura as que máis orzamento destinaron, por iso nalgunhas áreas hai máis propostas que noutras”.

As propostas que pasan a ser proxectos a realizar divídense por áreas e son as seguintes:

  • Na área de cultura e promoción da lingua as propostas de Música nas prazas e Unha nova vida para a Casa da Música.
  • Na área de turismo a proposta é a sinalización da ruta de sendeirismo entre Albeiros e Meilán.
  • Na área de xuventude a reparación do tellado da nave do parque da Milagrosa, un campamento castrexo-romano permanente, reparación de baños e adecentamento dos locais da nave do Parque da Milagrosa, actuvudades ao aire libre para nenos, deportes na rúa, multiactividades, e xoves con arte.
  • Na área de deportes as propostas con máis votos foron tenis de mesa para todos e todas, campus clinic tecnificación deportiva Alfredo Carneros, I Torneo Internacional de Xadrez San Froilán, Copa de Europa de Pentatlon Moderno, Puntos de deporte, rocódromo para nenos, arranxo paseo Miño- ponte Branca, impulso aos deportes minoritarios, rexurdir o balonmán, instalación mesas de ping-pong nos barrios da cidade e promoción do ciclismo de todas as modalidades.
  • Na área de emprendemento as propostas gañadoras foi autoempregarse con éxito e aventura de Diana,emprendemento e innovando contra vento e marea.
  • Na área de educación as propostas con máis votos foron I Xornada de Educación para a saúde integral e comunitaria, clases de pre-axedrez nos colexios de Lugo, novo valado para o CEIP Luis Pimentel, xornadas concertos didácticos no Festival de Jazz de Lugo, as actividades alternativas para sacar aos nenos e nenas de diante da tele e dos videoxogos, e castrexos e romanos propios.
  • Na área de infraestrutura as propostas máis votadas foron aforro enerxético, mellora da Praza Agro do Rolo, e aparcadoiros para bicicletas.
  • Na área de seguridade viaria a proposta é a instalación de luces led nos pasos de peóns.
  • Na área de participación cidadá a proposta gañadora é creación de aparcadoiros de bicis e transporte nos buses.
  • Na área de mercado e comercio a proposta é a creación dunha feira do troco e mercados diarios na Praza de Abastos.
  • Na área de medio ambiente as propostas a realizar é a dotación de bancos públicos no contorno do Sagrado Corazón e de Carlos Azcárraga.

Audios

  • Rosana Rielo, sobre a segunda fase dos Orzamentos Municipais | Descargar mp3

 

Noticias relacionadas