A Concelleira de Benestar Social presentou o programa sociocultural de verán que conta con novas actividades ao aire libre

Luns, 09 de xuño de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, presentou esta mañá as actividades de verán das actividades socioculturais coas que se busca dar máis facilidades para a conciliación da vida familiar e laboral dos veciños e veciñas de Lugo.

González Abelleira sinalou que este verán se amplían as actividades e os lugares ao aire libre “onde se van a realizar para facilitar a todos os veciños e veciñas que se poidan achegar e que non teñan que desplazarse da súa zona”.

As Aulas Abertas comezarán a funcionar no mes de xullo nos centros da Milagrosa, Lamas de Prado, Fingoi, Uxío Novoneyra, María Balteira e Maruja Mallo en horario de 10:00 a 13:30 horas. Esta actividade está destinada a nenos e nenas de 4 a 11 anos. No caso das Aulas Abertas do Maruja Mallo está dirixidoa nenas e nenos de entre 3 a 10 anos de 9 a 14 horas. Terá unha cota de 1,03 euros ao día, pero no caso de ser máis de dous irmáns estarán exento de pago terceiro. As persoas interesadas deberán presentar a documentación requerida entre o luns 16 e o venres 20 de xuño nos propios centros de convivencia.

Durante os meses de xullo e agosto tamén se levará a cabo varias actividades ao aire libre en diferentes espazos da cidade para achegar áos veciños e veciñas o deporte e as actividades durante o verán. Así, mantense a actividade de taichí ao aire libre de carácter gratuíto e aberto a toda a poboación a que se engade xogos na rúa, zumba e estarricamentos. Realizaránse na Praza de Augas Férreas, na Praza Anxo Fernández Gómez, Praza Roxa, Parque da Milagrosa, Praza do Castiñeiro, Parque Rosalía de Castro e Praza Viana do Castelo en diferentes horarios.

Este ano tamén se vai a ofrecer un obradoiro de cociña de verán que ten un máximo de 20 prazas e destinado a persoas adultas e menores acompañados. O lugar de celebración será no Centro Maria Balteira os luns, mércores e xoves do mes de xullo en horario de 11 a 12.30, neste caso haberá que pagar unha cota de 8,61 euros.

Multimedia

Noticias relacionadas