A Concelleira de Benestar Social e Igualdade reclama que se aclaren as competencias dos concellos no campo da igualdade

Venres, 20 de xuño de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, presidiu esta mañá a sesión celebrada polo Foro de Igualdade, que se reuniu na Casa do Concello.

Na xuntanza, informouse de todas as actividades que se están levando a cabo “pese a todas as trabas que nos están poñendo a Xunta de Galicia e o Goberno central, tamén do PP, seguimos traballando e levamos a cabo, aínda que non coa intensidade que nos gustaría, actividades a prol da igualdade e contra a violencia de xénero”, explicou González Abelleira que denunciou os obstáculos que se lle poñen ós concellos para traballar neste campo.

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade reclamou que a Xunta “aclare, dunha vez, o que quere que fagan os concellos, xa que se non quere darnos axudas que alomenos non poña trabas administrativas porque, hoxendía, segue a ser necesario traballar contra a violencia de xénero e pola igualdade”.

Multimedia

Noticias relacionadas