Con sumo galego: a nova cita luguesa que mistura produtos da terra, arte, cultura e idioma

Rosana Rielo presentou este evento, que busca potenciar o consumo de artigos galegos no seu sentido máis amplo, e que será o día 16 de maio

Está enmarcado na programación do Concello para potenciar o Mercado Municipal e a Praza de Abastos e achegarlle a cultura made in Lugo e en Galicia á veciñanza luguesa

Xirará ao redor de dous eixos, un que terá lugar de mañá: o Mercado de Produtos Típicos, que por mor de que o 17 de  maio é festivo se traslada ao día 16; e outra de tarde, na Praza da Soidade, con distintas actuacións musicais

Venres, 03 de maio de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Con sumo galego: a nova cita luguesa que mistura produtos da terra, arte, cultura e idioma

A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, deu a coñecer este venres, na Sala de Usos Múltiples de Novas Tecnoloxías, o festival Con sumo galego, que mistura produtos da terra, con arte, cultura e idioma. Trátase dunha cita para potenciar o consumo de artigos galegos no seu sentido máis amplo, e que será o día 16 de maio.

Esta cita está enmarcada na programación do Concello para potenciar o Mercado Municipal e a Praza de Abastos e achegarlle a cultura made in Lugo e en Galicia á veciñanza luguesa. Xirará ao redor de dous eixos, un que terá lugar de mañá: o Mercado de Produtos Típicos, que por mor de que o 17 de  maio é festivo se traslada ao día 16.  Nesta liña, o Concello tamén traballa para que estes mercados se poidan celebrar os sábados.

A segunda, de tarde, na Praza da Soidade a partir das 22:00 horas, onde se concentrarán distintas actuacións musicais, que empregan a lingua galega nas súas composicións e postas en escena. A primeira delas será a cargo de Arrytmia, un power trío lugués, premiado como Mellor banda metal, nos premios Martín Códax 2018. Neste momento están gravando xa o seu terceiro traballo, no que exploran a electrónica ou o rap, sen perder a súa actitude reivindicativa.

Rosana Rielo convidou á cidadanía a participar nesta cita cultural distinta, que incorporará nos vindeiros días outros grupos, que actuarán xunto a esta banda da cidade.

Noticias relacionadas