Comunicado do Concello de Lugo

Mércores, 02 de decembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Deportes informa do aprazamento da data da XIII edición da Carreira Popular Lugo Monumental prevista para o vindeiro domingo 13 de decembro por mor da convocatoria das mobilizacións planeadas polo sector gandeiro a partir do día 10 e con carácter indefinido. É por iso que a organización e montaxe da carreira é imcompatible coas mobilizacións previstas que ocupan gran parte do percorrido da proba.

Polo tanto vémonos na obriga de trasladar a data da proba previsiblente ao domingo 31 de xaneiro. Ao longo destes días procederemos a informar aos xa inscritos dos pasos a seguir. 

Pregamos desculpedes esta incidencia allea a nos, seguirémosvos informando.

Noticias relacionadas