Comunicado do Concello de Lugo

O Alcalde en funcións, José López Orozco, expresa o seu absoluto respaldo aos veciños e veciñas do Sagrado Corazón e rexeita o peche en dito barrio da gardería de Afundación, pertencente á obra social de Abanca, e que leva en funcionamento dende finais dos anos 80

Mércores, 03 de xuño de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

José López Orozco amosa a súa preocupación polo problema que representa o peche das instalacións para os pais e nais que teñen escolarizados aos seus fillos menores de 3 anos no centro e que se atopan nunha situación complicada ao estar pechadas as convocatorias de prazas en garderías públicas da cidade.

O Alcalde en funcións é consciente da escasez de prazas para menores de 3 anos que hai na cidade polo que dende o Concello se contribuiu a mellorar a situación coa creación de catro Escolas Infantis Municipais a pesares de que non ter competencias en materia de educación e do esforzo ecónomico que supón o seu mantemento para o Concello e os cidadáns de Lugo. Neste sentido, a pesares dos esforzos municipais segue habendo listas de agarda por falta de prazas públicas.

Desta maneira, o Concello de Lugo, insta á Xunta de Galicia para que aporte unha solución ao problema do Sagrado Corazón e, unha vez máis, atenda as nosas peticións e  as dos cidadáns de Lugo para a creación de novas garderías públicas e centros de educación infantil. Así, a Xunta, aproveitando o proxecto para a creación dun novo colexio no barrio do Sagrado Corazón pode considerar a creación dunha nova gardería pública que dé servizo as familias de esa zona. 

Noticias relacionadas