COMUNICADO DE PRENSA DO GOBERNO MUNICIPAL DE LUGO

Venres, 20 de outubro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Ante a decisión do Xulgado de Instrucción Número 1 de Lugo comunicada no día de hoxe de citar como investigados a Lara Méndez, Xosé López Orozco e Ana Sáez Mancebo a raíz da querela presentada polo sindicato CSI-CSIF sobre a Comisión de Servizo da funcionaria municipal (Ana Sáez Mancebo) para o posto de Letrada Asesora, o Goberno Municipal de Lugo manifesta:

- Tendo en conta que o prazo para a execución da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que anulou a Comisión de Servizo da citada funcionaria remataba no mes de maio do 2016 e considerando a dificultade para a cobertura dun posto que leva aparellado a representación e defensa desta Administración e a  necesidade de alterar o menos posible o normal funcionamento da mesma, o Goberno estima que a sentenza se executou nun tempo máis que razoable, pois a traballadora foi cesada no mes de xullo do mesmo ano.

- O Goberno sempre actúa conforme á legalidade vixente e brinda a máxima colaboración coa Xustiza.

Noticias relacionadas