COMUNICADO DE PRENSA DE POLICÍA LOCAL DE LUGO

Mércores, 02 de xuño de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
COMUNICADO DE PRENSA DE POLICÍA LOCAL DE LUGO

Auxilio a muller inconsciente no interior do seu domicilio 

Unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio atendeu o 31/05/21, sobre as 14:30 horas, o aviso onde se informaba que unha muller podería estar inconsciente no interior do seu domicilio na Ronda das Fontiñas.

A dotación acudiu de inmediato á zona, onde foron recibidos pola requirente do servizo, amiga da moza en cuestión, indicando que leva varias horas tentando contactar con ela e non recibe resposta, aínda que cando chama ao teléfono escóitao dentro do piso, indicando que dita moza padece diabetes e, probablemente, algunha outra enfermidade moi grave pero que descoñece, motivo polo cal xa foi hospitalizada en varias ocasións.

Que se contacta tanto coa nai da moza como coa súa parella, sendo este último o que lles indica que deben entrar ao piso canto antes, tendo en conta que puidese correr perigo a súa vida, sendo necesaria violentar a porta do piso por parte dos bombeiros, tendo en conta que as ventás do patio de luces estaban totalmente pechadas e os axentes non puideron acceder desde o piso contiguo.

Que os axentes acceden ao interior, en compañía do 061, notando un forte cheiro, recomendando os bombeiros non acender ningunha luz ata ventilar, podendo observar que se trata dunha casa moi descoidada, con restos de comida e roupa polo chan. Que unha vez na habitación onde se atopa a rapaza, obsérvana inconsciente sobre a cama non respondendo aos primeiros avisos do persoal do 061, polo que de maneira inmediata trasládase ao HULA, onde foi atendida en servizo de urxencias.

Que posteriormente se puido pescudar, que dita moza, de 33 anos de idade, sufrira un ataque de hipoglicemia gravísima que, de ter non ter actuado de inmediato tiña posibilidades de falecer.

Noticias relacionadas