Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Servizos destacados durante a fin de semana do 26 ao 28 de novembro

Luns, 29 de novembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Detención por violencia de xénero

Sobre as 2:30 horas do día 29 de novembro unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda a un edificio da rúa Mariña Española xa que unha muller estaba a ser agredida pola súa parella.

Os axentes trasládanse de inmediato ao lugar e son recibidos pola presunta vítima, a cal se acha nun estado de nerviosismo, manifestando que mantivo unha discusión coa súa parella, comezando a tirarlle do pelo e zarandeala violentamente. A muller comeza a chorar e rexeita asistencia médica e ante as preguntas dos policías sobre o paradoiro do home, indícalles que non está no domicilio.

Os axentes non cren a versión da vítima xa que evade a mirada e maniféstao cun nerviosismo claro, polo que acceden ao interior da vivenda atopando ao presunto agresor, de 24 anos, no interior dunha habitación, procedendo á súa detención por un presunto delito de violencia de xénero, sendo conducido a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias para o Xulgado competente.

Filtros de seguridade viaria

A madrugada do día 26 de novembro, ás 5:00 horas, efectivos do Grupo Operativo Nocturno detectan a condución irregular dun turismo cuxo condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica e lanzando un resultado POSITIVO de 0,48 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.

A noite do sábado 27 de novembro efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, co apoio dun equipo da Unidade de Atestados do Corpo, estableceron varios filtros de seguridade viaria en vías do centro urbano, detectando ás 1:35 horas, na Praza de Fonte dos Ranchos, a condución irregular dun turismo cuxo condutor presentaba signos de acharse embriagado, sendo sometido ás probas de detección alcohólica e lanzando un resultado POSITIVO de 0,84 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Ás 3:00 horas detéctase a condución irregular doutro vehículo pola rúa Nazario Abel, cuxo condutor presentaba signos de inxesta de bebidas alcohólicas, sendo sometido ás probas de alcoholemia e lanzando un resultado POSITIVO de 0,55 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.

Intervención por ruídos

Ás 23:45 horas do día 27 de novembro unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta, na Praza de Pío XII, un grupo de tres novos xunto a un altofalante que emite con música en ton moi elevado, perturbando o descanso dos veciños que denunciaron estes feitos na Sala do 092. Os axentes proceden á identificación do propietario do altofalante, de 16 anos, ao que se lle require para que desconecte o aparello, facéndoo ao instante, levantando acta de denuncia por infracción á Ordenanza de Protección Ambiental.

Ás 2:20 horas unha patrulla é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade a un edificio da Rúa Nova xa que os veciños queixábanse dos ruídos que proviñan do interior dun baixo. Os axentes comproban que no baixo dun edificio había un grupo de mozos celebrando unha festa, utilizando un equipo de reprodución musical en ton moi elevado, polo que se procede á identificación do responsable, propietario do baixo, observando que se atopan no interior 8 mozos máis celebrando unha festa, sendo requiridos para que cesen as molestias, o que fan ao instante, abandonando todos eles o baixo, levantando acta de denuncia por infracción á Ordenanza de Protección Ambiental.

Sobre as 17:45 horas do mesmo día unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada polos veciños do Campo Castelo que se queixan dos ruídos que proceden da praza. Os axentes observan que fronte a un inmoble áchase unha mini-barra de bar, mesas cun altofalante e dous parasoles, identificando ao responsable desta ocupación de vía pública, o cal manifesta que carece de título habilitante e que o material é da súa propiedade, sendo utilizado na festa de aniversario dun familiar que se está levando a cabo nun local de hostalería da zona, requiríndolle para que cesen as molestias e retire todo o material, facéndoo ao instante, levantándose acta de denuncia por ocupación de vía pública sen autorización e por infracción á Ordenanza de Protección Ambiental. (Envíase imaxe)

Inspección local lecer nocturno

Sobre as 5:30 horas do día 28 de novembro, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo realiza inspección nun local de lecer nocturno situado na rúa Antonio Rosón, levantando dúas actas de denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia. A primeira por atoparse o establecemento aberto, excedendo o horario establecido para ese día, que era ás 4:30 horas, con clientes no interior e servindo bebidas. A segunda por non realizar o rexistro de clientes establecido no plan de lecer nocturno. Os axentes propoñen sanción de 500 euros por cada unha destas infraccións.

Noticias relacionadas