Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Venres, 29 de abril de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Filtros de seguridade viaria

Durante a xornada de onte intensificáronse os controis de seguridade viaria nos que participaron efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio, Grupo Operativo Nocturno e Unidade de Atestados da Policía Local de Lugo, detectándose os seguintes POSITIVOS por alcol:

  • Rolda de Fingoi. POSITIVO 0,40 mg/l.
  • Camiño de Pipín. POSITIVO 0,41 mg/l.
  • Reverendo Xosé Fernández. POSITIVO 0,52 mg/l.

Aos dous primeiros abríuselles expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución e ao terceiro condutor abríuselle expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos.

Así mesmo no transcurso destes controis detectáronse as seguintes infraccións:

  • 11 condutores denunciados por non pasar ITV no prazo debido.
  • 1 condutor denunciado por conducir sen utilizar o cinto de seguridade.
  • 2 condutores denunciados por non realizar o curso de reeducación tras condena penal inferior a dous anos.
  • 1 condutor denunciado por carecer o vehículo de Seguro Obrigatorio.
  • 1 condutor denunciado por non realizar o troco do seu permiso de condución.
  • 1 condutor denunciado por circular cun dispositivo visual incompatible coa condución.

Delitos contra a seguridade viaria

Un patrulla de Policía Local de Lugo detecta a condución irregular dun vehículo pola rúa Álvaro Cunqueiro, comprobándose a través das bases de datos policiais que o condutor CARECE de permiso de condución por resolución xudicial, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

De madrugada, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta a circulación irregular dun vehículo pola rúa Rei don García, observando que o condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica e lanzando un resultado POSITIVO de 0,75 mg/l, sendo trasladado á Unidade de Atestados onde se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Nun control na rúa República Arxentina detéctase que un condutor presenta signos de inxesta de alcol, sendo sometido ás probas de detección alcohólica lanzando un resultado POSITIVO de 0,73 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Momentos máis tarde na mesma rúa detéctase outro condutor que lanza un resultado POSITIVO de 0,80 mg/l, instruíndose, así mesmo, dilixencias por delito contra a seguridade viaria e comprobándose que conduce cun permiso que perdeu a vixencia e ten a ITV caducada.

Condutas incívicas

Efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, co emprego de vehículos policiais camuflados, sorprenderon de madrugada a SETE rapaces que se achaban ouriñando na vía pública na contorna da Catedral, levantándose acta de denuncia por infracción á Lei de Residuos de Galicia e propoñéndose sanción de ata 900 euros.

Os lugares onde foron sorprendidas estas persoas son:

  • Travesía Deán Fernández Varela (2)
  • Praza de Santa María (2)
  • Praza do Campo (1)
  • Fernando Casas Novoa (2)

Inspección establecementos públicos

Levantouse acta de denuncia por infracción á Ordenanza de Contaminación Acústica nunha inspección levada a cabo nun local de lecer nocturno da rúa Tui, ao detectar que varias persoas saían do local con vasos de vidro na man para consumir na vía pública, dando voces e perturbando o descanso dos veciños, non dispoñendo de terraza.

Ruídos en interior de vivendas

Efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo tiveron que intervir nesta madrugada en dous inmobles por queixas veciñais ocasionadas por ruídos en interior de vivendas. A primeira intervención prodúcese ás 00:45 horas nun edificio da Avenida de Magoi onde os axentes escoitan música en ton moi alto e actividade humana, procedendo á identificación do responsable, sendo requirido para que cesen as molestias, o que fai ao instante.

A segunda prodúcese ás 3:40 horas nun inmoble da praza da Liberdade onde os axentes comproban que se escoitan ruídos molestos de actividade humana e golpes nas paredes que impiden conciliar o soño, sendo identificado o responsable, sendo requirido para que cesen as molestias, o que fai ao instante.

Námbolos dous casos levantouse acta de denuncia por infracción á Ordenanza de Protección Ambiental.

Noticias relacionadas