Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Xoves, 28 de outubro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Controis de alcoholemia e drogas

Durante a madrugada do 28 de outubro, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, co apoio dun equipo de Atestados do Corpo, realizaron diversos controis de seguridade viaria en vías do centro urbano, co seguinte resultado:

  • Sobre as 1:00 horas foi interceptado o condutor dun vehículo na rúa Ourense o cal presentaba signos de embriaguez e ao ser requirido formalmente a someterse ás probas de detección alcohólica NEGOUSE, comprobando os axentes a través das bases de datos policiais que o condutor CARECÍA DE PERMISO DE CONDUCIÓN por non obtelo nunca. Por tal motivo instrúense dilixencias por DOUS delitos contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.
  • Sobre as 1:33 horas detéctase a condución irregular dun vehículo na rúa Xosé Fernández Núñez, cuxo condutor presenta signos de consumir bebidas alcohólicas, lanzando un resultado POSITIVO de 0,43 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.
  • Ás 2:45 horas prodúcese un accidente de circulación na rúa Escocia onde un turismo choca contra un bolardo e contra un contedor de residuos sólidos. O equipo de Atestados da Policía Local que acode ao lugar observa que o condutor presenta signos de embriaguez, lanzando un resultado POSITIVO de 0,71 mg/l e ademais a través das bases de datos policiais compróbase que o condutor está privado do permiso de condución por sentenza xudicial.
  • Ás 3:45 horas detéctase na rúa Escocia a condución irregular dun vehículo cuxo condutor presenta signos de consumir drogas. É sometido ás probas regulamentariamente establecidas co equipo drogotest, lanzando un resultado POSITIVO en THC, abríndose expediente sancionador con 1.000 euros de multa e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.

O condutor que se negou ás probas de alcoholemia e que carece de permiso de condución é reincidente xa que o 21 de xuño/21 foi detectado conducindo con presenza de drogas no organismo. Pola súa banda o condutor que se detectou con presenza de drogas no organismo na rúa Escocia é reincidente pois o 23 de abril/21 fora interceptado por efectivos da Policía Local de Lugo con taxas elevadas de alcol e presenza de drogas no organismo.

Noticias relacionadas