COMUNICADO DE PRENSA DE POLICÍA LOCAL DE LUGO

Martes, 24 de maio de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
COMUNICADO DE PRENSA DE POLICÍA LOCAL DE LUGO

Sobre as 00:45 horas do día 24 de maio unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo de servizo na rúa Pintor Villamil, foi requirida por un operario de Urbaser que lles manifestou que un individuo fracturara o cristal dun portal.

Os axentes dan unha batida pola zona localizando ao presunto autor do feito, que se achaba oculto sentado entre dous coches estacionados, procedendo á súa identificación, observando que estaban a sangrar polos cotobelos dunha man, presumiblemente polo impacto contra a porta, manifestando que “viña dando golpes contra as paredes por un tema de -mozas-“.

Os axentes fan as xestións oportunas para dar coñecemento ao propietario da casa, instruíndose dilixencias para o Xulgado de Garda por eses feitos.

Noticias relacionadas