Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Servizos destacados durante a fin de semana do 18 ao 20 de febreiro/22

Luns, 21 de febreiro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Detención por atentado a axentes da autoridade e desobediencia grave

Sobre as 4,40 horas do día 19 de febreiro/22 cando efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo achábanse realizando un control de seguridade viaria na Avenida de Ramón Ferreiro, a acompañante dun vehículo, a cuxo condutor se lle estaba realizando unha proba de detección alcohólica, descende do mesmo e comeza a insultar e ameazar gravemente aos axentes actuantes.

Que os policías tratan de tranquilizala, mostrándose cada vez máis agresiva, negándose a identificarse e tratando de entorpecer a realización da proba de alcoholemia que se estaba realizando ao condutor, arremetendo contra os axentes lanzando lapotes contra estes, alcanzándoos en varias ocasións, motivo polo cal se procede á súa detención, sendo trasladada a dependencias policiais.

Que no traxecto a Comisaría continua insultando e ameazando aos policías, negándose a entrar no edificio policial, mostrando gran resistencia.

No seu interior, ao ser informada polo instrutor das dilixencias que debe acompañarlle para ser ingresada nos calabozos, comeza a insultarlle e nas escaleiras empuxa a un axente, motivando que caia sobre as escaleiras.

Por estes feitos instrúense dilixencias para o Xulgado de Garda contra esta muller de 37 anos de idade, polos delitos de atentado a axentes da autoridade, desobediencia e resistencia grave.

Accidente de circulación con probas de alcoholemia

Sobre as 23,15 horas do día 18 de febreiro/22 un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á  rúa  Montefaro xa que ao parecer produciuse un accidente de circulación.

Os axentes comproban que hai dous vehículos implicados que presentan danos materiais, producíndose ao accidente ao perder a condutora dun dos vehículos o control sobre o mesmo, chocando contra un turismo que se achaba estacionado.

A condutora é sometida ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,53 mg/ l, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.

Localización de condutor fuxido en accidente

Na madrugada do pasado 6 de febreiro/22 un vehículo chocara contra un sinal vertical de estacionamento prohibido situada na Avenida de Ramón Ferreiro, dándose á fuga.

Un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo faise cargo das investigacións, logrando identificar o vehículo e ao condutor responsable, instruíndose ateigado por accidente de circulación e abríndose expedientes sancionadores contra este condutor por condución neglixente e por estar implicado nun accidente de circulación e non comunicar a súa identidade.

Filtros de seguridade viaria

No transcurso dos controis de alcoholemia e drogas realizados polo Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detectouse que un vehículo pasaba a luz vermella dun semáforo na praza de Fonte dos Ranchos, observando os axentes que o condutor presentaba signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica e lanzando un resultado POSITIVO de 1,07 mg/ l (case cinco veces máis que a taxa máxima permitida), sendo trasladado á Unidade de Atestados do Corpo onde se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, quedando o vehículo inmobilizado.

Na rúa  Recatelo dáse ao “alto” a un vehículo cuxo condutor presenta signos de acharse  embriagado, sendo sometido ás probas de detección alcohólica lanzando un resultado POSITIVO de 0,55 mg/ l, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, quedando inmobilizado o vehículo.

Na rúa  Concello detéctase a circulación irregular dun vehículo, observando os axentes que o seu condutor áchase baixo a influencia de bebidas alcohólicas, sendo sometido ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,85 mg/ l, sendo trasladado á Unidade de Atestados do Corpo, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

No transcurso dos  filtros de seguridade viaria levados a cabo localizouse un vehículo sobre o que pesaba mandamento de captura e depósito por embargo, sendo trasladado polo servizo de guindastre ao depósito municipal onde queda PRECINTADO ao dispor do órgano competente

Condutas incívicas e inspección de establecementos públicos

Unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo sorprendeu a DOUS mozos de 18 e 39 anos ouriñando na  rúa Clérigos e na Praza de  Pío  XII respectivamente, levantándose acta de denuncia por infracción á Lei de Residuos de Galicia, propoñéndose sanción de ata 900 euros.

Nunha inspección realizada a un local de lecer nocturno da  rúa Catedral levantáronse tres actas de denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia, ao detectar a tres novos facendo uso compartido dun dispositivo de inhalación de vapor/ cachimba no interior do establecemento, non facendo uso de máscara e sen manter a distancia de seguridade interpersoal.

Tamén se detectou na zona da Piringalla un local de hostalería que desenvolvía a súa actividade fóra da hora establecida, levantándose acta de denuncia por infracción á normativa de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia e outra denuncia contra o responsable do establecemento por non colaborar co labor inspector.

Así mesmo levantouse acta denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia ao sorprender a un home de 36 anos de idade que se atopaba no interior dun supermercado de calle Salud negándose a facer uso da máscara de protección.

Noticias relacionadas