COMUNICADO DE PRENSA DE POLICIA LOCAL DE LUGO

Mércores, 19 de xaneiro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Localización de vehículos con orde de procura

Durante a mañá do martes, día 18, os axentes da Unidade Territorial de Policía de Barrio localizaron dous vehículos sobre os que constaba orde de procura, precinto e depósito por parte da Tesourería Xeral da Seguridade Social uno deles, e dun Xulgado de Lugo o outro.

Filtros seguridade viaria

Durante a noite do martes ao mércores, os efectivos de Policía de Barrio e da Unidade de Atestados, levaron a cabo varios  filtros de seguridade viaria, dando como resultado o seguinte:

  • Condutor que lanza resultado positivo nas probas de alcoholemia: 0.66 e 0.55 mg/ L. Confecciónase denuncia administrativa. Rolda da Muralla con rúa Ourense.
  • Condutor que lanza resultado positivo nas probas de alcoholemia: 0.39 e 0.40 mg/ L. Confecciónase denuncia administrativa. Rolda da Muralla con rúa Ourense.
  • Condutor que lanza resultado positivo nas probas de alcoholemia: 1.06 e 1.01 mg/ L. Instrúense dilixencias por presunto delito contra a seguridade viaria. Praza de Bretaña.
  • Vehículo que non foi sometido á inspección técnica periódica no prazo debido.
  • Condutor que manexa o vehículo co permiso de conducir caducado.

Molestias por ruídos

Durante a mesma noite, os axentes de Policía de Barrio foron comisionados nun domicilio de  Camiño Real, desde o cal se recibiron queixas polos ruídos procedentes doutro piso. Unha vez no lugar, os axentes identifican aos implicados e informan das molestias que están a causar, as cales cesan de inmediato.

Control medidas  Covid

No marco dos controis realizados para a comprobación do cumprimento das medidas preventivas establecidas con motivo do Covid-19, durante a noite do martes ao mércores, observáronse e denunciado as seguintes infraccións:

  • Local de lecer nocturno na rúa Galicia aberto e con actividade excedendo o horario máximo permitido, ás 3,25 horas.
  • Fumar no interior dun local de lecer nocturno, facéndoo en presenza doutras persoas e sen facer uso da máscara obrigatoria.
  • Non facer uso da máscara obrigatoria, tanto varios clientes do establecemento como os camareiros que se atopaban atendendo ao público tras a barra (neste apartado hai que destacar que o encargado do local, cando foi requirido polos axentes para que se puxese a máscara para interactuar con eles, tivo que buscala durante un intre, xa que non sabía onde a tiña).

Presunta subtracción en taller mecánico

Ás 16’25 horas do martes, un indicativo de Policía de Barrio é comisionado nun taller mecánico da rúa Mar Cantábrico onde, segundo información recibida na Sala do 092, un individuo tentara sustraer ferramentas.

Unha vez no lugar, os axentes comproban que o titular do taller ten inmobilizada a unha persoa, manifestando que fora á parte traseira un momento e que, ao regresar, devandito individuo pedíralle uns alicates, observando que tiña unha bolsa á entrada do taller onde introducira un trade da súa propiedade, motivo polo cal lle pediu explicacións. Cando o suxeito tentou ausentarse do lugar, o dono do taller impediullo e requiriu a presenza policial.

O suxeito en cuestión recoñeceu a propiedade da bolsa que levaba e do seu contido, aínda que non soubo explicar a procedencia do trade nin dun prolongador de electricidade que dita bolsa contiña.

Instrúense as dilixencias oportunas.

Noticias relacionadas