Comunicado de prensa de policía local de lugo

Martes, 26 de outubro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de policía local de lugo

Sobre as 4:10 horas do día 25 de outubro unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade á rúa Soto Freire onde ao parecer unha persoa está a facer pintadas nas fachadas dos inmobles, indicando a descrición física desta persoa e que ademais de realizar os graffiti de cor rosa, golpeara unha fiestra dun inmoble sito na rúa Angel López Pérez, quedando a mesma fracturada.

Os axentes comparecen de inmediato no devandito lugar localizando a un home de 33 anos que responde á descrición dada polos veciños e ao decatarse da presenza policial sae correndo, sendo interceptado coa axuda dun veciño, que manifestou aos axentes que observou como este mozo, que levaba as mans con restos de cor rosa, lanzara un aerosol cando viu o vehículo policial, recolléndoo e entregándoo á patrulla.

Posteriormente os axentes detectan pintadas desa cor en inmobles da Praza Maior, Bispo Aguirre, Angel López Pérez e Soto Freire, polo que se instrúe expediente sancionador por deslucir bens inmobles na vía pública.

Multimedia

  • Comunicado de prensa de policía local de lugo

Noticias relacionadas