Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Xoves, 16 de decembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Auxilio a persoas en domicilio

Ás 8:50 horas do mércores día 15, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio foi comisionada nun domicilio da rúa Agro da Torna onde, segundo requirimento telefónico efectuado á Sala do 092, unha persoa caera e non era capaz de levantarse.

Unha vez no lugar, os policías comprobaron que se trataba dunha muller, que se atopaba en compañía do seu fillo, tendida sobre o chan da vivenda, sen que fosen capaces entre ambos de que ela se reincorporase, polo que os axentes colaboraron co fillo para acomodar á muller, que finalmente non necesitou atención médica.

Á 1:15 horas do xoves día 16, unha patrulla de Policía de Barrio trasladouse a unha vivenda da Avenida Adolfo Suárez, xa que a Sala do 092 recibira un aviso sobre varias persoas intoxicadas no interior do domicilio.

Unha vez no lugar, os axentes comprobaron que os tres residentes no piso, de 64, 46 e 22 anos de idade, presentaban signos de acharse intoxicados, motivo polo cal foi necesaria a intervención dos servizos sanitarios que, tras unha primeira asistencia, procederon ao seu traslado ao HULA.

Por parte do Servizo de Bombeiros efectuáronse medicións no interior da vivenda, comprobando que na estancia onde se sitúa a caldeira lanzábanse resultados altos de monóxido de carbono, polo que se procedeu a cortar a subministración de gas.

No interior da vivenda tamén se atopaban varios veciños, que foran alertados polos afectados e que se atopaban prestándolles asistencia, sendo todos eles desaloxados e quedando o domicilio pechado ata que a caldeira sexa convenientemente revisada.

Noticias relacionadas