COMUNICADO DE PRENSA DE POLICÍA LOCAL DE LUGO

Servizos destacados durante a fin de semana do 15 ao 17 de outubro de 2021

Luns, 18 de outubro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
COMUNICADO DE PRENSA DE POLICÍA LOCAL DE LUGO

Controis de alcoholemia

Durante a fin de semana efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio apoiados por equipos da Unidade de Atestados do Corpo intensificaron os controis de seguridade viaria en vías do centro urbano, realizando as seguintes intervencións:

• Día 16:

- 4:30 horas. Alcoholemia a un condutor detectado na Avenida de Magoi. Lanzou un resultado POSITIVO de 0,55 mg/l. Ábrese expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.

- Mesma hora e mesmo lugar. Detéctase a un condutor con presenza de drogas no organismo. Sométeselle á proba correspondente en drogotest lanzando un resultado POSITIVO. Ábrese expediente sancionador con 1.000 euros de multa e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.

• Día 17:

- 2:20 horas. Condutor detectado na rúa Ramón Maria Aller con signos de embriaguez. É sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,45 mg/l. Ábrese expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.

- 5:10 horas. Detéctase un condutor na Avenida de Madrid con signos de embriaguez. Sométese ás probas de alcoholemia e lanza un resultado POSITIVO de 0,77 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

• Día 18:

- 00:50 horas. Detéctase a condución irregular dun vehículo pola rúa das Artes, observando que o condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,46 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.

- 06:30 horas. Detéctase a condución irregular dun vehículo pola rúa Campos Novos, observando que o condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,61 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.

Intervención da Unidade de Atestados en accidentes de circulación

Os equipos da Unidade de Atestados da Policía Local de Lugo interviñeron en diversos accidentes de tráfico ocorridos no centro urbano:

Venres 15:

11:40 horas. Accidente de circulación na rúa Reverendo Xosé Fernández. Danos ocasionados a un vehículo estacionado.

13:20 horas. Reclamación de danos nun vehículo ocorrido no interior do aparcamento subterráneo da Praza do Ferrol.

13:30 horas. Accidente de circulación na glorieta de entrada ás Termas na Avenida Infanta Elena. Dous vehículos implicados. Danos materiais.

16:10 horas. Accidente de circulación na rolda Xosé Castiñeira. Dous vehículos implicados. Danos materiais.

17:15 horas. Accidente de circulación na Avenida Benigno Rivera. Motocicleta que circula polo carril interior da glorieta choca contra o lateral esquerdo dun turismo. O condutor da motocicleta resulta ferido leve.

17:35 horas. Atropelo en rúa Anduriñas. Un vehículo ao realizar a manobra de marcha atrás para estacionar golpea a unha persoa de avanzada idade que é trasladada a un centro médico. Leve.

18:30 horas. Un turismo causa danos a outro estacionado na rúa Xoana de Castro.

18:40 horas. Ciclista que cae na rúa Paseo dos Estudantes. O ciclista ao baixar pola vía perde o control e choca de forma violenta contra o bordo da beirarrúa, caendo bruscamente á calzada. O ciclista de 16 anos é trasladado ao Hula, dando os axentes coñecemento á súa nai.

18:45 horas. Accidente de circulación en Pena do Rei onde o condutor perde o control do seu vehículo golpeando a outro.

20:15 horas. Accidente de circulación na rúa Madreselva con Santo Graal onde un turismo non respectou o sinal de STOP chocando contra outro vehículo. Os axentes detectan que un dos condutores presenta signos de embriaguez polo que é sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,85 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

20:50 horas. Accidente de circulación na Rolda Norte. Un turismo alcanza a outro, resultando ambos con danos materiais.

Sábado 16

4:30 horas. Unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, detecta un vehículo que fai caso omiso á luz vermella dun semáforo. Unha vez dado o alto observan que presenta signos de embriaguez, sendo sometida a persoa condutora ás probas de detección alcohólicas, lanzando un resultado POSITIVO de 0,55 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.

Domingo 17

Sobre as 17:00 horas trasládase un equipo de Atestados da Policía Local ao estacionamento do Pazo Universitario xa que ao parecer produciuse un atropelo. Os axentes son recibidos por un peón que denuncia que un vehículo pasáralle coa roda dianteira dereita sobre o seu pé cando estaba na cola formada para poder entrar no pavillón para asistir ao partido entre o Breogán e o Real Madrid. O peón foi evacuado a un centro asistencial para ser explorado e o condutor do vehículo foi sometido ás probas de detección alcohólica lanzando un resultado POSITIVO de 0,49 mg/l, instruíndose o correspondente atestado.

Noticias relacionadas