Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Mércores, 13 de outubro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Filtros de seguridade viaria

Efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio, apoiados por equipos da Unidade de Atestados do Corpo estableceron diferentes controis de seguridade viaria co seguinte resultado:

Día 11.-

  • 13,00 horas. Detéctase a condución irregular dun vehículo polo polígono de As Gándaras, observando que o condutor presenta signos de acharse baixo os efectos de drogas. Sendo sometido a un test no equipo “drogotest”, lanzando un resultado POSITIVO en THC.
  • 18,30. Unha patrulla detecta a condución irregular dun turismo por Camiño Real, observando que o condutor puidese conducir tendo presenza de drogas no organismo, sendo sometido ás probas regulamentarias, lanzando un resultado POSITIVO en Cocaína e THC.
  • Ambos os condutores foron sancionados con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución e os vehículos inmobilizados.

Día 12.-

  • 3,20 horas. Rolda da Muralla. Detéctase a condución dun vehículo cuxo condutor presenta signos de embriaguez. É sometido ás probas de detección alcohólica lanzando un resultado POSITIVO de 0,57 mg/l. Ábrese expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución. O vehículo queda inmobilizado.
  • 3,30 horas. Rolda da Muralla. Dáse o alto a un vehículo, observando que o condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,42 mg/ l, polo que foi proposto para sanción de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución. Así mesmo compróbase que carece de permiso para conducir por perda total de puntos asignados, polo que se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

No transcurso destes controis denunciáronse a varios condutores polas seguintes infraccións:

  • Permiso caducado.
  • Non presentar o vehículo a ITV no prazo regulamentario.
  • Non comunicar á JPT o cambio de titularidade do vehículo.
  • Desobedecer as ordes e sinais dos axentes.
  • Conducir sen facer uso do cinto de seguridade.
  • Carencia de SOA.
  • Utilizar o teléfono móbil durante a condución.

Ruídos en interior de vivendas

  • Sobre as 23,30 horas do día 11 de outubro/21 unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade a un edificio da rúa Lamas de Prado xa que os veciños quéixanse dos ruídos que proveñen dunha vivenda. Os axentes comproban que desde o relanzo escóitase forte son de voces e música en ton moi alto, procedendo á identificación do responsable, o cal manifesta que non é consciente das molestias que ocasiona, sendo requirido para que cesen o que fan ao instante, levantando acta de denuncia por infracción á Ordenanza de Protección Ambiental.
  •  Sobre as 3,05 horas do mesmo día outra patrulla acode a un edificio da Avenida de  Magoi xa que os veciños quéixanse dos ruídos que proveñen dunha vivenda onde se está levando a cabo unha festa. Os axentes comproban que desde a vía pública escóitase música en ton moi alto xa que as xanelas do piso áchanse abertas, procedendo á identificación do responsable, o cal manifesta que está cuns amigos celebrando as festas de San Froilán e que non eran conscientes das molestias que ocasionaban aos veciños, sendo requiridos para que cesen, o que fan ao instante, levantando acta de denuncia por infracción á Ordenanza de Protección Ambiental.
  •  Sobre as 3,35 horas do día 12 de outubro/21, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo desprázase a un edificio da Rolda da Muralla xa que os veciños denuncian ruídos molestos que proveñen dunha vivenda. Os axentes comproban que se trata de dous amigos que se atopan baixo os efectos de bebidas alcohólicas que ao chegar á vivenda fixeron ruído, sendo identificados e ao comprobar que un deles era menor, os policías informaron desta circunstancia á súa nai.
  •  Sobre as 4,00 horas do día 12 de outubro/21, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo trasládase a un edificio da  rúa Dtr. Balanza xa que os veciños denuncian a celebración dunha festa nunha das vivendas. Os axentes comproban que na galería do piso áchanse varios mozos coas xanelas abertas, falando e gritando en ton moi elevado, procedendo á identificación do responsable, o cal manifesta que está de festa cuns amigos celebrando o San Froilán e que non eran conscientes das molestias que causaban á veciñanza, sendo requiridos para que cesen, o que fan ao instante, levantando acta de denuncia por infracción á Ordenanza de Protección Ambiental.

Achado dun menor perdido no recinto feiral

Sobre as 16,20 horas do día 11 de outubro/21, unha patrulla de Policía Local de Lugo de servizo no recinto feiral é requirida por un matrimonio que informaba o extravío dos seus dous fillos de 6 e 8 anos e unha sobriña de 9 anos. Os policías informan por radio teléfono a descrición dos menores ao resto de patrullas de servizo, localizando unha delas aos menores na Praza Maior, entregándoos á súa nai.

Noticias relacionadas