Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Venres, 11 de febreiro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Controis de alcoholemia e delito contra a seguridade viaria

Na noite do 10 ao 11 de febreiro, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo estableceron diferentes filtros de seguridade viaria en vías do centro urbano, empregando para iso tanto vehículos policiais rotulados como camuflados, detectando ás 2:10 horas dous vehículos que circulan pola avenida de Madrid, no que parece unha competición de velocidade, facendo un deles unha “buxaina” nunha glorieta e ambos fan caso omiso á luz vermella do semáforo para vehículos de San Roque coa rúa Hermanitas e introdúcense na Praza de Catasol, onde son interceptados polas patrullas, observando que ambos os condutores presentaban signos de embriaguez, sendo sometidos ás probas de detección alcohólica e lanzando un resultado POSITIVO de 0,55 mg/l, un deles e o outro un resultado tamén POSITIVO de 0,40 mg/l, abríndose expediente sancionador con multas de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de conducir para o primeiro condutor e de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución ao segundo, sendo inmobilizados ambos os vehículos.

Así mesmo detéctase, no polígono industrial de As Gándaras, a condución dun vehículo cuxa condutora CARECE de permiso de condución por perda de vixencia por perda da totalidade de puntos asignados, polo que é trasladada á Unidade de Atestados do Corpo onde se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Esta condutora enfróntase a unha pena de prisión de 3 a 6 meses ou multa ou traballos en beneficio da comunidade.

Auxilio á cidadanía

Na tarde de onte día 10 de febreiro, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo realizaron dous servizos humanitarios de auxilio á cidadanía.

O primeiro sobre as 20:30 horas ao colaborar cunha dotación do 061 no traslado dun home que presentaba unha intoxicación etílica e se atopaba no interior dun establecemento da rúa Poeta Aquilino Iglesias e ás 21:30 horas acode unha patrulla ao albergue de Peregrinos da rúa Nóreas xa que un home en muletas, que non era peregrino, quería pernoitar alí, sendo trasladado no propio vehículo patrulla ao Fogar do Transeúnte onde pasou a noite.

Noticias relacionadas