Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Mércores, 09 de febreiro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Detención por violencia de xénero

Sobre as 23:45 horas do día 8 de febreiro un axente do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, que se atopaba de servizo na Xefatura deste Corpo, observou a unha muller que camiñaba en pixama diante das dependencias, acompañada por un home, comezando a chorar e dicir que quere que a súa parella se vaia de casa.

Que o axente identifica ao home e require a presenza dunha policía feminina que se entrevista coa muller, a cal manifesta que a súa parella, que a acompaña, colléraa polo pescozo cando discuten, para impoñer a súa vontade e que lle dixo en numerosas ocasións que abandone o domicilio, que se pon moi agresivo e que a insulta.

Por estes feitos procédese á detención do home de 46 anos por un presunto delito de violencia de xénero, sendo trasladada a vítima ao seu domicilio pola axente feminina á espera de presentar a correspondente denuncia e ao home a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias para a súa remisión ao Xulgado correspondente.

Accidente de tráfico con feridos

Sobre as 16:35 horas do día 8 de febreiro un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á Calzada das Gándaras xa que ao parecer producírase un atropelo.

Os axentes, no lugar dos feitos, comproban como un vehículo, tras deterse ante un sinal de stop e reiniciar a marcha, atropela a dúas mulleres de avanzada idade que camiñaban, unha delas con andador, manifestando o condutor que non as viu cruzar, resultando as dúas feridas.

As viandantes son atendidas por persoal sanitario e trasladadas ao HULA para a súa atención médica, sendo inicialmente de prognóstico leve, resultando dúas mulleres de 84 e 72 anos. O condutor foi sometido ás probas de detección alcohólica lanzando un resultado NEGATIVO, instruíndose atestado.

Noticias relacionadas