Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Venres, 08 de outubro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Delito contra a seguridade viaria por altas taxas de alcol

Sobre as 5:00 horas do día 8 de outubro, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta a condución irregular dun vehículo pola rúa Santiago. Ao darlle o “alto” observan que o condutor presenta signos evidentes de atoparse embriagado, sendo sometido ás probas de detección alcohólica e lanzando un resultado POSITIVO de 1,42 mg/l (case seis veces a taxa máxima permitida), sendo a taxa máis alta rexistrada a un condutor pola Policía Local de Lugo no últimos tres anos.

Por tal motivo instrúense dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, quedando o vehículo inmobilizado.

Filtros de seguridade viaria

Durante a pasada noite, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo estableceron diferentes controis de alcoholemia en vías do centro urbano, detectando DOUS condutores que presentaban signos de embriaguez e que unha vez sometidos ás probas de detección alcohólica lanzaron un resultado POSITIVO de 0,59 e 0,52 mg/l respectivamente, polo que se abren senllos expedientes sancionadores con multas de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución a cada condutor.

Auxilio á cidadanía

Sobre as 19:50 horas do día 7 de outubro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo trasládase á Avenida de Madrid xa que unha moza solicitaba colaboración para axudar a subir á súa avoa ao piso 1º dun edificio. Os axentes auxilian a esta persoa subíndoa polas escaleiras, xa que o inmoble carece de ascensor, deixándoa no seu domicilio a cargo da súa neta.

Sobre as 1:10 horas do día 8 de outubro, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade á Rolda da Muralla confluencia coa rúa Villalba xa que ao parecer unha moza non era capaz de camiñar.

Os axentes observan a un mozo que leva sobre os seus ombreiros a unha moza de 18 anos que se atopa inmóbil e incapaz de desprazarse por si mesma, debido á intoxicación etílica que presenta pois a súa fala é lenta e pastosa, as súas respostas son incoherentes e fai xestos continuos de vomitar, polo que proceden a auxiliala, baixándoa dos ombreiros do rapaz e requirindo unha ambulancia do 061 na que é trasladada ao HULA para a súa atención médica.

Mozo camiñando pola autovía A-6

Na mañá do día 7 de outubro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo trasládase á autovía A-6 nas proximidades do polígono industrial de O Ceao, xa que ao parecer pola beiravía camiña un mozo.

Os axentes localizan a un mozo de 18 anos que manifesta que se trasladou en compañía da súa nai a un centro comercial da cidade e que alí discutiran e a súa nai marchou deixándoo alí, motivo polo cal decidira ir camiñando ao seu domicilio en Cospeito, descoñecendo que non podía transitar por esa vía. Que os axentes para evitar un risco, tanto para o mozo como para o resto de usuarios, trasládano ao seu domicilio, sen que se producise outra novidade.

Noticias relacionadas