Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Venres, 07 de xaneiro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Delito contra a seguridade viaria

Ás 18.30 horas do día 6 de xaneiro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo detecta a circulación dun turismo pola rúa San Pedro, de forma irregular e cando había gran cantidade de peóns na zona, sen que constase autorización para circular por este espazo peonil.

Compróbase que a condutora, de 49 anos de idade, presenta signos evidentes de acharse embriagada xa que a súa fala era pastosa e despedía forte cheiro a alcol, polo que é sometida ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,79 mg/l (triplicando a taxa máxima permitida), sendo trasladada á Unidade de Sancións do Corpo onde se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Así mesmo compróbase que dita condutora non realizara o curso de sensibilización e reeducación viaria tras suspensión xudicial do permiso de condución por condena inferior a dous anos, propoñéndose sanción de 500 euros. O vehículo foi trasladado polo servizo de guindastre e inmobilizado no Depósito Municipal.

Recuperación de vehículo subtraído

Sobre as 18:00 horas do día 5 de xaneiro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo detecta, na rúa Monforte, unha furgoneta estacionada, coas portas abertas e coa “ponte” feita no sistema de arranque, comprobando que o propietario do vehículo presentara denuncia de subtracción na cidade de Bilbao o pasado 29 de novembro, sendo trasladada ao Depósito Municipal quedando ao dispor da Policía Científica para a súa inspección, dando coñecemento ao propietario.

Precinto dun vehículo

Sobre as 11:40 horas do día 6 de xaneiro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo detecta un vehículo na Urbanización da Campiña sobre o que pesaba unha orde de captura, depósito e precinto por embargo, sendo trasladado polo servizo de guindastre ao Depósito Municipal onde queda ao dispor da Administración correspondente.

Auxilio á cidadanía

Sobre as 18:30 horas do día 6 de xaneiro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade a unha vivenda da Rolda da Muralla xa que unha persoa de avanzada idade caera no seu interior e non era capaz de levantarse.

Os axentes comproban que se trata dunha muller de 87 anos que caeu no corredor, que estaba acompañada polo seu marido, que non podía incorporala, sendo auxiliada polos axentes que a trasladan a un sofá do salón, sen que se producira lesión algunha e rexeitando asistencia médica.

Festa en domicilio

Sobre as 7:10 horas do día 6 de xaneiro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade a un inmoble de Carril dos Fornos xa que os veciños quéixanse de ruídos que proveñen dunha vivenda.

Os axentes comproban que se escoita música en ton alto e voces xa desde o exterior do inmoble, procedendo á identificación do responsable que manifesta que están a celebrar unha festa tres persoas, non sendo conscientes das molestias ocasionadas, sendo requirido para que cesen, o que fan ao instante, levantando acta de denuncia por infracción á Ordenanza de Protección Ambiental.

Noticias relacionadas