Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Servizos destacados durante a fin de semana do 1 ao 3 de outubro.

Luns, 04 de outubro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Controis de alcoholemia

Sobre as 22:50 horas do día 1 de outubro unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo desprázase á rúa Hermanitas xa que se produciu un accidente de circulación. Ao chegar observan que o condutor dun dos vehículos presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,73 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Esa mesma noite, ás 3:40 horas, detéctase a circulación irregular dun turismo, cuxo condutor, ao ser sometido ás probas de detección alcohólica, lanza un resultado POSITIVO de 0,46 mg/l, abríndose expediente sancionador con proposta de sanción de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.

Ás 1:55 horas do día 2 de outubro unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta a condución irregular dun vehículo pola rúa Galicia, observando que o condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica lanzando un resultado POSITIVO de 0,80 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Ás 4:30 horas da mesma noite outra patrulla intercepta outro condutor na mesma rúa, cuxo condutor lanza un resultado POSITIVO de 1,13 mg/l nas probas de detección alcohólica, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Ás 7:30 horas do día 3 de outubro, interceptouse un vehículo na rúa Bolaño Rivadeneira, cuxo condutor se achaba baixo os efectos de bebidas alcohólicas, sendo sometido ás probas de alcoholemia e lanzando un resultado POSITIVO de 0,68 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Así mesmo nos filtros de seguridade viaria establecidos foron detectados outros dous condutores que lanzaron un resultado POSITIVO de 0,47 mg/l e 0,58 mg/l. Ao primeiro abríuselle expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución e ao segundo cunha multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos.

En todos os casos procedeuse á inmobilización dos vehículos.

Detención por violencia de xénero

Sobre as 1:55 horas do día 1 de outubro de 2021 unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade a unha vivenda da cidade xa que un home alertaba que a súa parella inxerira varias pastillas.

Os axentes entrevístanse coa muller a cal lles manifesta que non é verdade que tomase pastilla algunha e a realidade é que sofre continuos malos tratos por parte da súa actual parella sentimental coa que vive, sobre todo de tipo psicolóxico, como insultos, chegando mesmo á agresión física hai unha semana. Segue dicindo que a súa parella quere botala do seu domicilio e por iso trata de chamar aos servizos sanitarios para que a ingresen.

Que o home se acha no interior da vivenda e mentres os axentes estaban a se entrevistar coa muller, aquel ameazouna con golpeala e matala, polo que se procede á inmediata detención desta persoa, sendo trasladado a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias por un delito de violencia de xénero.

Ruídos en interior de vivenda

Sobre as 2:00 horas do día 2 de outubro unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo acode a unha vivenda da rúa Illas Cíes xa que os veciños quéixanse dos ruídos que proveñen dun establecemento situado nos baixos do inmoble.

Os axentes escoitan música en ton moi elevado que impide conciliar o soño, procedendo á identificación do responsable do establecemento de lecer nocturno, non mostrando licenza de actividade, polo que se levanta acta de denuncia por infracción á normativa de espectáculos públicos e actividades recreativas e polas molestias que causaba de acordo á Ordenanza de Contaminación Acústica.

Auxilio á cidadanía

Sobre as 23:50 horas do día 1 de outubro, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta na Fonte dos Ranchos unha persoa tendida no chan. Os axentes comproban que se trata dun home de mediana idade que se acha baixo os efectos de bebidas alcohólicas, prestándolle os primeiros auxilios e requirindo unha ambulancia do 061 onde é trasladado ao HULA para a súa atención facultativa.

Sobre as 2:10 horas do día 2 de outubro outra patrulla observa a unha muller de mediana idade camiñando pola Rolda da Muralla en evidente estado de embriaguez. Os axentes entrevístanse con ela e rexeita atención médica polo que é trasladada ao seu domicilio onde se fai cargo o seu fillo.

Acampada en cemiterio

Na mañá do día 2 de outubro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade a igrexa de San Lázaro xa que o párroco alertaba da presenza dunha tenda de campaña no cemiterio.

Os axentes comproban que unha muller de nacionalidade alemá, que facía o Camiño de Santiago, instalara unha tenda de campaña no interior do cemiterio para poder pasar a noite, sendo identificada e requirida para que desaloxase do lugar, o que fixo ao momento.

Noticias relacionadas